situacion

Situación

O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela.

mapacarretera

A autoestrada A-9 ten en Sigüeiro un servizo de entrada e saída só en dirección A Coruña. A liña de ferrocarril das dúas mencionadas cidades, ten próximo de Sigüeiro o apeadeiro de Oroso e a estación de Garga Trasmonte. Ademais da estrada citada sae outra de Sigüeiro a Frades polas parroquias de Gándara, Vilaromarís e Calvente. Nela nacen varios ramais que enlazan as outras parroquias e lugares do municipio. Os límites de Oroso son o municipio de Santiago e O Pino polo sur, Trazo polo oeste, Tordoia e Ordes polo norte e Frades polo leste.

mapalimites