Areas Recreativas
Como chegar
A 12 Km. de Santiago en dirección A Coruña pola estrada N-550, chegamos á vila de Sigüeiro. Na Praza da Foca, collemos a Estrada Provincial “CP-3801” que vai de Sigüeiro a Frades. No Km. 1, hai un desvío á dereita chamado “Camiño do Refuxio”. Percorremos uns 200 metros e atopamos un paraxe natural de grande beleza formado por unha insua situada no medio do río Tambre.
Descrición
Insua de forma alongada situada a rentes dunha presa. Na parte norte ten unha pequena praia fluvial. A súa superficie está cuberta de carballos de grande tamaño que ofrecen unha espesa sombra no verán. A insua está rodeada de amieiros e salgueiros, vexetación característica das ribeiras dos ríos que atravesan o concello. Dúas pasarelas de cemento, unha por cada lado do río, dan o acceso á insua. Para aproveitar a riqueza troiteira do Tambre nesta zona, creouse o Coto de Pesca “Sigüeiro”, un dos máis troiteiros e apreciados polos pescadores de toda a provincia.
Servizos
- Superficie: 0,6 hectáreas.
- 9 mesas familiares.
- 1 gran barbacoa, 2 pequenas.
- 1 fonte.
- Varios contenedores de lixo.
- Amplia zona de aparcadoiro.
- 1 mesón privado (aberto os meses de verán)
Como chegar
Dende a vila de Sigüeiro, concretamente, da Praza da Foca, sae a estrada provincial “CP-3801” en dirección a Frades. A 1’5 Kilómetros, encontramos un cartel que nos indica o desvio para chegar a área recreativa, seguindo o desvio a uns 100 metros entramos na área recreativa regada na súa marxe dereita polo Río Tambre.
Descrición
A área recreativa de Penateixa está formada por un espazo aberto delimitado por ringleiras de amieiros e carballos perpendiculares ao río. Ofrece un amplio espazo para disfrutar do sol e para que corran os nenos e un segundo de sombra debaixo da arboreda. En distintas zonas da área recreativa poden verse frondosos carballos e pinos. Ao longo do río os pescadores poden disfrutar no Couto de Pesca “Sigüeiro”.
Servizos
- 6 mesas familiares.
- Varios contenedores de lixo.
- Amplia zona de aparcadoiro.
- 1 mesón privado (aberto todo o ano)
Como chegar
Dende a vila de Sigüeiro, concretamente, da Praza da Foca, sae a estrada provincial “CP-3801” en dirección a Frades. A 10’5 Kilómetros, encontramos un cartel que nos indica a área recreativa ao lado da estrada e da Ponte Arderíz, na Parroquia de Senra.
Descrición
A área recreativa da Ponte Arderíz está formada por unha pequena parcela na marxe esquerda do río Samo, afluente do Tambre. Foi inaugurada no ano 1997. Nela medran amieiros, carballos, vidueiros, castiñeiros e algunha mimosa. Destacar unhas pequenas escaleiras de pedra que baixan ao río, a unha zona remansada e moi apropiada para o baño estival.
Servizos
- 5 mesas familiares.
- 2 barbacoas.
- 1 contenedor de lixo.
Como chegar
No Kilómetro 12’5 da estrada provincial “CP-3801” Sigüeiro-Frades, chegamos á aldea do Cachopal, na parroquia de San Mamede dos Anxos. Collemos a pista asfaltada á dereita en dirección á Igrexa de San Mamede. A uns 400 metros da estrada xeral, á dereita, está a área recreativa do Cachopal.
Descrición
A área recreativa do Cachopal está formada por dúas parcelas situadas na marxe dereita do río Maruzo, afluente do Tambre. A parte norte está poboada por frondosos piñeiros e, a rentes do río hai unha pradeira. Destacar nesta última zona o MUÍÑO DA PONTE de dous pés restaurado parcialmente no ano 1996. Esta área recreativa foi inaugurada no ano 1997 e está rodeada por amieiros e carballos.
Servizos
- 6 mesas familiares.
- 2 barbacoas.
- 1 fonte.
- 1 contenedor de lixo.
Como chegar
Indo pola N-550 en dirección a A Coruña á altura do km 43 xirar cara unha pista que hai á esquerda xusto en fronte ó taller “Maquinaria Oroso”. Circular uns trescentos metros por esa pista asfaltada e deixar atrás un cruce. A aproximadamente 150 metros do cruce e circulando xa por unha pista de terra hai unha desviación á dereita que nos leva directamente á área recreativa do Muíño do Rego Tellado.
Descrición
A área recreativa do Rego Tellado é un espacio natural de reducidas dimensións que conta para o seu atractivo cun muíño que rehabilitou o Concello no ano 2004. Esta área atópase rodeada de Amieiros, Bidueiros, Carballos, Abeneiros e Prados, que lle confiren a este espazo un encanto especial e o convirten nun lugar digno de ir ver.
Servizos
- 1 gran mesa de pedra con capacidade para 30 persoas.
- 1 barbacoa.
- 1 muiño en activo.
- 1 WC.