Patrimonio
Megalitismo
As “Mámoas” ou “Medorras” son enterramentos datados entre o ano 3500 adC. e o 1700 adC. Moitas das medorras do concello foron arrasadas, mentres que outras sufriron menos alteracións. Entre elas:
- Medorras do Petón (Senra)
- Medorra de Vilar de Arriba (Deixebre)
- Medorra do Coto de Lobo (Recouso - Marzoa)
- Medorra do Prado de Figueira (Marzoa)
- Medorra da Costa (Trasmonte)
- Medorra de Gadamíl (Vilarromariz)
O achado arqueolóxico máis importante desta época é o MACHADO DA GRABANXA (Calvente), duns 4000 anos de antigüidade.
Idade de Bronce
Esta época histórica ten varias fases comprendidas entre o ano 1700 adC. e o 500 adC. O resto arqueolóxico máis coñecido é a PONTA DE LANZA DE DEIXEBRE, que ten uns 2700 anos de antigüidade.
Cultura Castrexa
A Cultura Castrexa, caracterizada polos “castros” ou asentamentos fortificados e situados en zonas elevadas, está datada entre o século VI adC. e o século I despois de Cristo.
No Concello de Oroso hai catalogados 16 castros, mais lamentablemente a maioría están desfeitos. O único ben conservado é o CASTRO DE VILALBARRO (Oroso).
En varios castros encontrouse cerámica, muíños de man e outros úteis da época.
Os restos arqueolóxicos máis importantes da Cultura Castrexa no Concello de Oroso atopáronse no CASTRO DE RECOUSO (Marzoa). É o denominado “TESOURO DO CASTRO DE RECOUSO” formado por arracadas, cadeas, argolas… datado nalgún ano entre o século IV adC. e o século I adC.
- Ponte de Sigüeiro - Sec. XIII - XIV (Sigüeiro)
- Ponte Carollo (Carollo)
- Ponte Ulloa (Sigüeiro)
- Pazo de Meimixe - Sec. XVII - XVIII (Os Anxeles)
- Casa, Escudo e Panteón dos Somoza - Sec. XVIII (Marzoa)
- Casa dos Raelas - Sec. XVIII (Deixebre)
- Casa do Carrales (Castro - Senra)
- Casa de Carril - Sec. XVIII (Oroso)
- Casa de Gadamil (Vilarromariz)
- Escudo da Casa do Vinculeiro (Vilares - Senra)
- Escudo de Rial (Trasmonte)
- Estación da Garga (Trasmonte)
No Concello hai once igrexas, unha por parroquia, e tres capelas. As capelas están situadas na Grabanxa (Calvente), San Román (Trasmonte) e no Pazo de Meimixe (Ánxeles). Algunhas igrexas gardan interesantes retábulos Barrocos e Neoclásicos.
Ao lado das igrexas sitúanse os cruceiros, que van dos máis sinxelos, en forma de cruz, aos máis ornamentais. As igrexas, cruceiros e cruces máis destacadas son:
- Igrexa de Senra - Sec. XVIII ainda que orixinariamente era románica
- Igrexa da Gándara - Sec. XVII e XVIII
- Cruceiro de Oroso - Sec. XVIII
- Cruceiro de Senra - Sec. XVIII
- Cruceiro de Trasmonte - Sec. XVIII
- Lápida en Cardama - Sec. XVII
- Cruz das Penas de Valiño - (Os Anxeles)
Muiños
Polos regos e ríos do Concello hai dispersos un bó número de muíños, algúns deles aínda en funcionamento.
A destacar os seguintes:
- Muiño da Grela (Marzoa)
- Muiño do Trillo (Gándara)
- Muiño de Vigo ou do Rego Tellado (Costa - Trasmonte)
- Muiño da Ribeira (Trasmonte)
- Conxunto etnográfico dos muiños de Senra e de Cardama (concentración de 11 muiños)
- Maquía da Ponte Marzoa (Marzoa)
Horreos
En todas as parroquias do Concello encontramos hórreos moi interesantes, tanto da tipoloxía de “Hórreo de Ordes” como de planta alongada. A destacar:
- Horreo do pazo de Meimixe (Os Anxeles)
- Horreo de Gadamil (Vilarromariz)
- Horreo de Vilarelle (Vilarromariz)
- Horreo no Viñan e na Burata (Senra)
- Horreo en Carollo (Cardama)
- Horreo da Costa (Trasmonte)
Camiño Inglés
Comunicaba A Coruña e Betanzos con Santiago de Compostela.
Camiño Grande ou Francés
Comunicaba Sigüeiro con Betanzos.
Camiño a Sobrado
Comunicaba Sigüeiro con Sobrabo dos Monxes.
- Reloxo de Sol en Cas (Os Anxeles)
- Reloxo de Sol no antigo Igrexario de Deixebre