biblioteca

Biblioteca Municipal

Despois de transcorrido un tempo e sendo sensibles ante a importancia que representa a cultura neste concello, ábrese este servizo para atender a demanda dos/as cidadáns/ás.
A biblioteca municipal do Concello de Oroso está situada no edificio e Usos Múltiples, na rúa da Cultura nº2, e conta cun volume de 6500 libros nas dependencias da Biblioteca así como dispón mascota da bibliotecadun apartado de videoteca, ludoteca, hemeroteca, acceso a internet gratuíto..., e outros servizos que se irán ampliando co tempo.
A biblioteca está a día de hoxe integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia o que nos permite ofertar un servizo de calidade ó cidadán, optar a subvencións, e procurar melloras no servizo, algo iremos ampliando día a día, sempre buscando cubrir e axustarse ás demandas dos/as usuarios/as.
Os servicios ofrecidos pretenden ser o máis variados posible e, así podemos distinguir:

  • Sala de Lectura
  • Servizo de Préstamos
  • Talleres de animación á lectura
  • Día do Libro
  • Día das Letras Galegas
  • Contacontos
  • Exposicións
  • Concursos e Premios ...

Como facerse socios/as

carne bibliotecaPara ser socio/a da biblioteca e gozar dos seus servizos é necesario cubrir unha ficha cos datos persoais da persoa, sendo necesaria unha autorización paterna/materna no caso de nenos/as ata 15 anos. Unha vez cuberta a ficha, a encargada da biblioteca facilitaralle un carné de socio/a, co que quedará autorizado para o servizo de préstamo.


Horarios

LUNS A VENRES SÁBADOS
  MAÑÁ 10:00 a 13:00 10:00 a 13:00 (dende outubro)
  TARDE 17:00 a 20:30  


Servizo de Préstamo

O servizo de préstamo da biblioteca permítelle a cada socio/a sacar 3 exemplares por un prazo de 15 días, coa posibilidade de renovación no caso de non ter rematado de ler o libro neste prazo.

A biblioteca dispón de exemplares de lectura para todas as idades, de nenos a maiores, ademais dos xornais diarios e de diversas revistas de entretemento, que non están dispoñibles para préstamo, pero que se poden ler na sala de lectura da que dispón a biblioteca.