biblioteca

Biblioteca Municipal

A escola debe preocuparse moito porque o neno domine a lectura, domine esta ferramenta cotiá de traballo, instrumento para o coñecemento e para o lecer. O dominio da lectura contribuirá a aloxar ao alumno do preocupante fracaso escolar.

E aquí, tendo en conta este obxectivo educativo, podemos falar da animación á lectura. Entendemos á animación á lectura como aquela actividade, ou conxunto de actividades, encamiñadas a espertar nos nenos neste caso, a curiosidade e o desexo de ler, incluso antes de saber ler, tratar de tender pontes entre o neno e o libro. A lectura debe fomentarse desde as 1ª idades, nunca desde a imposición, se non desde o afecto e o xogo. As estratexias de animación á lectura son tan amplas como a creatividade do educador sempre que contribúan a achegar e reivindícamos a expresión dramática como excelente medio de exercitación da creatividade.

Animación a Lectura. As Experiencias das bibliotecas municipais

Corresponde ás Bibliotecas Públicas o fomento da utilización das súas instalacións e dos seus fondos.

En Oroso realizase unha actividade denominada “Os Ratos e A Familia Ratoncia nas Bibliotecas Municipais”, dirixida a nenos de educación infantil e primeiro ciclo primaria.

A Familia Ratoncia naceu no ano 1994 aproveitan para visitar as Bibliotecas onde se está lendo ata que sae o sol. Desa maneira saben tantos e tantos contos, que contan aos nenos cada quince días, nas Bibliotecas coas que conta Oroso. Asimismo, visitan as aulas de Educación Infantil e 1º de primaria varias veces durante o curso, para contarlles alí aos nenos as súas aventuras, os seus contos.

Moitas veces acontece que a O Avó lle entra o sono mentres está cos nenos e adormece. Estes espértano berrando: Avó!!!.O Avó pega un brinco, pregunta qué é o que pasou e continúa co que estaba. O Avó tén moitos amigos: Lupe, Lupiña, Cami, Carolina,Vanesa e moitos mais, a ratiña Lupiña e a súa prima Carolina, o Avó delas, Cosme Ratoncio, Vanesa a veterinaria, personaxes que de vez en cando acompañan O Avó nas sesións ou que visitan a Biblioteca pola súa conta.

Na Biblioteca, se instalou unha familia de ratos: os Ratoncia. As bibliotecas permititonlles quedar a vivir alí o comprobaren que non eran bichos perigosos para a saúde humana (teñen bos hábitos de hixiene) nin para os libros, xa que ao contrario de outros ratos, este son os rilan, lénos. Son verdadeiros ratos de biblioteca. A familia Ratoncia aparece así como un modelo de familia no que a lectura e os contos teñen unha grande importancia. O conto aparece para os Ratoncia como un medio de diversión e tamén como unha fonte de coñecemento e de aprendizaxe a través das experiencias dos protagonistas das historias. Fuco Ratoncia, coñecido tamén polo nome de Cami, é un rato duns 10 anos, aínda que quizais aparente máis, porque o rato de biblioteca é unha especie cun desarrollo diferente aos outros ratos e tamén aos nenos. Un rato de biblioteca de 10 anos, aínda que é un neno que vai a escola e ten as preocupacións propias e o desenvolvemento intelectual dun neno desa idade, mide 1.66 e pesa 70 Kilos, o que pode impresionar ou incluso asustar a nenos menores de 4 anos. O susto é pasaxeiro. Estes cativos non tardan en comprobar que os ratos de biblioteca son inofensivos, antes ben, o que mais desexan no mundo, a parte de ler e incluso antes ca un queixo holandés é ser amigos dos nenos e contaxiarlles o seu gusto pola lectura. Lupiña, a súa irmá é adoptada. Os pais de Fuco, Lupe e Ramon, trouxérona do horfelirrato. Os seus pais naturais, abandonarana misteriosamente diante da porta desa institución dentro dun baúl de contos. Non lles foi difícil aos rectores do horfelirrato escoller a familia adoptiva que mellor lle conviña a Lupiña.

Os Ratoncia teñen familia na aldea: os avós viven en Quexerilla – Vilar de Queixo .Aos ratos o que máis lles gusta son os contos. En canto a disquisicións lingüísticas pensan que o máis importante para entenderse é a vontade de entendemento. A proba é que hai xente que falando o mesmo idioma, non se entende. Iso si: os ratos de biblioteca non teñen bandeira, (aos ratos nunca os quixeron en ningún sitio) e si unha forte vocación de universidade.

Os avós da familia serven de escusa para tocar temas relacionados coa vida do campo, mais próxima á natureza e levan un xeito de vida máis propio de anos atrás. Tamén están relacionados, como moitos avós, cos contos tradicionais.

Un mércores cada quince días Fuco, ou a prima Carolina que vive en Vilar de Queixo, ou o Gato Gatrolas ( neste caso o gato, habitual enemigo irreconciliable dos ratos, convértese en amigo reconciliado, sobre todo gracias a que é vexetariano e a que, sendo mozo, en tempos da guerra, os donos da casa na que servía, tiveron intención de comelo movidos pola fame, e se salvou foi gracias ao avó de Fuco e Lupiña, que tivo compasión do ata entón seu enemigo e tras oír os planos dos humanos, avisou ao gato Gatrolas, que escapou daquela casa), reciben aos nenos e aos seus pais na biblioteca e cóntanlles contos e as súas peripecias. Ao remate da sesión o personaxe avísalla a cada neno cun texto relacionado coa sesión: un poema, unha receita de cociña, ou un dos contos que se contaron. .

Pretendemos que os pais asistan cos nenos ás sesións para involucralos activamente na estratexia encamiñada a fomentar o habitual uso da biblioteca, o gusto polos contos e o desexo da práctica da lectura. En algunhas das sesións requirimos a súa participación para, por exemplo, dramatizar un conto nas Bibliotecas son habituais os escritos dirixidos aos pais, con instruccións sobre o seus papeis encol da promoción da lectura cara os nenos, guías de lectura ou libros de interese educativo.

Unha sesión de animación á lectura

No curso pasado comezamos esta andina con moita ilusión e cunha grande responsabilidade, e por iso que este curso que acaba de comezar queremos dar outro pequeno paso que esperemos sexa grande en aportacións , é por iso que se nos unen novas actividades e novos personaxes os xa existentes dea “Familia Ratoncia”, Exposicións , Contadores de historias e contos, Talleres , Obradoiros e outras sorpresas que iremos desollando có tempo.

Insistimos en que hai múltiples e diferentes actividades de animación á lectura, que varían en función das idades dos nenos e dos criterios dos educadores ou conductores da animación. Sería inxenuo pensar que unha sesión das que nós facemos vai converter a un neno en lector, pero a contribución a espertar ou reforzar o gusto polos contos e innegable.

A efectividade da actividade

A través destas actividades que teñen unha programación continuada durante o curso, fomentase o hábito de acudir periodicamente á biblioteca. Hai que dicir que os días nos que se realiza a actividade o préstamo de libros e maior que os días que non a hai. Por tanto está claro o efecto de reclamo que a actividade ten, aínda que hai nenos que só veñen a ver a función de despois que remata marchan sen sequera levar un conto par a casa. Neste punto é necesaria a implicación dos pais, recordando aos nenos a opción de levar un conto para a casa.

¿Cómo contribúe a que os nenos adquiran o gusto pola lectura?

O conto (entendido como libro- obxecto) é o centro ó redor do que xira a actividade. Os nenos descobren ou reforzan a idea de que eses libro conteñen historias que lles son agradables e interesantes. É por isto que a selección dos contos que se presentarán nas sesións e importantísima para o éxito das mesmas: contos e temas adecuados e de interese para as idades ás que nos diriximos. Hai que ler moitos contos para seleccionar os que nos parezan mellores (aquí hai que indicar que se pasamos unha mañá ou unha tarde nunha biblioteca podemos ler unha gran cantidade de contos das idades que nos ocupan, dado que son obras con pouco texto.)

Parécenos moi indicado combinar a execución da actividade realizándoa en escolas e bibliotecas. Os nenos que asisten a actividade na biblioteca, en horario extraescolar, fanmo porque teñen uns pais que se preocupan de levalos, co que xa demostran un interese pola actividade. Son nenos que maioritariamente teñen o estímulo para a lectura mais efectivo, penso, que se pode ter: o dos seus pais. ( por riba do que reciban na escola ou na biblioteca).

Levando a actividade ás escolas, chegamos a nenos que poden carecer dese estímulo na casa. Na primeira vista ás escolas de Oroso no mes de Outubro, dáselles aos nenos un calendario coas datas de celebración da actividade nas bibliotecas. Se a primeira sesión que ten lugar na escola foi do gusto do neno. Este pediralles aos seus pais que o leven á Biblioteca para volver ve os Ratos, co que estaremos no bo camiño para a consecución do noso obxectivo.

Por outra banda as actividades nas bibliotecas deben ter un carácter continuado e periódico. O hábito conséguese ca actividade habitual. As actuacións esporádicas en Bibliotecas, traballo para o que tamén nos chaman, terán outra finalidade (como por exemplo entreter, divertir, celebrar unha efeméride como “ o día das letras galegas”) pero deberían formar parte dunha estratexia mais ampla, para falar dunha efectiva animación á lectura.

As veces facemos actuacións puntuais en Bibliotecas Municipais, ás que os nenos e os seus profesores acudan dende os seus centros escolares. Si se ten observado que con posterioridade a estas actuacións hai unha maior afluencia de nenos á Biblioteca e tamén se conseguen novos socios.

A Arte como crítica. O poder das manifestacións artísticas para analizar e combater a inxustiza e contribuír á transformación da sociedade

O noso principal obxectivo é fomentar a lectura. Agora, nos contos que utilizamos hainos que teñen un carácter cómico que teñen como principal pretensión divertir, hai contos poéticos, hai contos marabillosos, de fadas, de trasnos, nos que acontecen cousas sobrenaturais, hai contos que falan de problemas que os nenos teñen ( medo a oscuridade, a competencia co irmán, a separación dos pais) e tamén hai contos de crítica social que tocan temas como o racismo, o sexismo, o belicismo e outro.

Proxecto de actuacións

Queremos que sexa un Programa dinámico no que os nenos sexan os protagonistas, engadindo este ano actividades de Contacontos e Obradoiros.

Comenzamos esta andaina con moita ilusión e cunha grande responsabilidade, e por iso que este curso que acaba de comenzar queremos dar outro pequeno paso ampliando as actividades, paso que esperemos sexa grande en aportacións.

Neste trimestre contaremos con:

XANEIRO

Día 9

Argallando "Obradoiro de Monicreques"

Día 16

Trinke Trinke "A Familia Ratoncio"

Día 23

Contos doutros mundos. Contacontos e Obradoiros

Día 30

Trinke Trinke "A Familia Ratoncio"



FEBREIRO

Día 6

Argallando "Obradoiro de Monicreques"

Día 13

Trinke Trinke "A Familia Ratoncio"

Día 20

Contos doutros mundos. Contacontos e Obradoiros

Día 27

Trinke Trinke "A Familia Ratoncio"



MARZO

Día 5

Argallando "Obradoiro de Monicreques"

Día 12

Trinke Trinke "A Familia Ratoncio"

Día 26

Contos doutros mundos. Contacontos e Obradoiros