Aula de Informática
Aula de Informática vén a ser un servizo que se oferta a todo o concello para facilitar e achegar o mundo da
informática á cidadanía.
A función principal da aula de informática de Oroso é servir de soporte a tódolos veciños do concello que queiran aproveitar os servizos que nela se ofrecen.
Consta dunha sala de consulta que oferta o acceso a información dispoñible en Internet.
Para darlles servizo ós/ás usuarios/as a Aula de Informática conta cos seguintes recursos:
- 10 Ordenadores de uso libre conectados en rede e con acceso a internet.
- 1 Ordenador con impresora en rede.
- 1 Ordenador portátil.
- 1 Televisor.
- 1 Proxector.
- Mesas e cadeiras para o correcto funcionamento do servizo.
Horario
A aula de Informática do Concello de Oroso atópase a disposición de tódolos usuarios no seguinte horario:
Aula aberta: Segundo horario ata comezo dos cursos.
Cursos: A partir de outubro.
| LUNS | MARTES | MERCORES | XOVES | VENRES |
| - |
AULA MENTOR 11:00 a 12:30 |
- | - |
AULA MENTOR 11:00 a 12:30 |
| - |
ACCESO LIBRE 12:30 a 14:30 |
- | - |
ACCESO LIBRE 12:30 a 14:30 |
|
AULA MENTOR 16:00 a 17:30 |
- |
AULA MENTOR 16:00 a 17:30 |
AULA MENTOR 16:00 a 17:30 |
- |
|
ACCESO LIBRE 17:30 a 20:00 |
- |
ACCESO LIBRE 17:30 a 20:00 |
ACCESO LIBRE 17:30 a 20:00 |
- |
Servizos
Estarán asesorados e coordinados por un profesional que en todo momento atenderá as demandas dos usuarios.
- Uso dos equipos informáticos e asesoramento en caso necesario.
- Uso de programas diversos (ofimática, deseño, cálculo…).
- Acceso gratuíto a internet.
- Información acerca dos sitios mais visitados na rede (emprego, prensa, cursos, correos electrónicos, chats…).
- Servizos de Impresións.
- Cursos para adultos:
- Iniciación e perfeccionamento do contorno windows.
- Iniciación a Internet.
- Deseño de páxinas web.
- Ofimática (word, excel, access).
- Mecanografía.
- Iniciación á Informática.
- Cursos para nenos:
- Iniciación e perfeccionamento do contorno windows.
- Iniciación a Internet.
- Deseño de páxinas web.
- Habilidades e manexo do ordenador.
- Xogos didácticos.
- Mecanografía.
- Iniciación á Informática.