servizos sociais

Programa de Educación Viaria


Educación Viaria - Curso 2007/2008.

Este curso, como os cursos pasados, no concello de Oroso ten previsto realizarse na gardería municipal un Programa de educación viaria, que ten como obxectivo proporcionar aos nenos e nenas de dous a tres anos de idade as pautas básicas e coñecementos necesarios para que poidan incorporar ás súas acciones, campañas e proxectos educativos, así como nocións e/ou actividades de seguridade viaria adaptadas a súa idade.

Este ano vaise poñer en funcionamento de novo este programa. O día 22 de abril de 2008 ás 11.00 horas terá lugar a primeira sesión e a continuación realizaranse varias sesións máis. A primeira será impartida por María José Mosquera Rodríguez, educadora familiar e as seguintes polos profesores da gardería que están a cargo deste alumnado. Na primeira sesión os pequenos e pequenas da gardería poderán realizar un circuíto para que vexan cales son os principais perigos do tráfico viario. Ademais desta parte práctica, o programa contempla a realización de fichas sobre contidos relacionados co tema: diferenciar os sinais de tráfico, pasos de peóns, semáforos, cinto de seguridade...
Os contidos do curso son:

  • Fins fundamentais da educación viaria.
  • Diferenciación dos sinais de tráfico.
  • Os pasos de peóns.
  • Os semáforos
  • O uso correcto do cinto de seguridade.
  • Distinguir por onde se debe saír do coche para evitar o perigo.
  • A avaliación dos programas de educación viaria..

O material achegado son fichas que cedeu o grupo MAPFRE para que os nenos e nenas adquiran os coñecementos adaptados a súa idade.

MARÍA JOSÉ MOSQUERA RODRÍGUEZ
EDUCADORA FAMILIAR