transportes

Rutas e Horarios do Servizo NoiteBús


Servizo de NoiteBús a Ordes

O servizo iniciarase o sábado 11 de agosto e desenvolverase tódolos sábados e vésperas de festivo.

O Concello de Oroso porá en marcha na noite do vindeiro sábado 11 de agosto un Noite Bus con destino a Ordes, un servizo que se manterá durante tódolos sábados e vésperas de festivo ata o 31 de decembro de 2007. Trátase dunha iniciativa coa que o Concello de Oroso ofrece unha alternativa segura, cómoda e asequible para os mozos e mozas do municipio fronte á utilización de vehículos particulares para desplazárense ás zonas de ocio do concello veciño. Un servizo de transporte nocturno no que o Concello de Oroso vai investir máis de 2.000 euros.

O prezo do billete será de dous euros e inclúe unha viaxe de ida e volta. O Noite Bus sairá de Marzoa ás 23:00 horas e fará un total de dezaseis paradas nas localidades de Grabanxa, Bran, Cachopal, Senra, Cardama, Couso, Villaromariz, Porto Avieira, Sigüeiro, Villacid, Alto Vilanova, Oroso, Deixebre e Escola Trasmonte. O autobús, pertencente á empresa Autos Grabanxa SL e que estará identificado cun cartel de “Noite Bus”, chegará a Ordes ás 23:55 horas. A volta está fixada para as 4:00 horas, facendo o percorrido inverso coas súas correpondentes paradas ata chegar a Marzoa ás 4:55 horas.

O Noite Bus é un servizo posto en marcha polo Concello de Oroso e promovido pola Dirección Xeral de Transportes. Dende a Alcaldía que preside Manuel Mirás fan un chamamento aos mozos e mozas do municipio para que empreguen este servizo de transporte nocturno, xa que se trata dunha opción moi interesante de cara a reducir a siniestralidade viaria en desprazamentos feitos no tempo de lecer.

PARADAS E HORARIOS:

 PARADA  IDA VOLTA
  1. Marzoa  23:00  4:55
  2. Grabanxa 23:05 4:50
  3. Bran 23:07 4:48
  4. Cachopal 23:10 4:45
  5. Senra 23:14 4:41
  6. Cardama 23:17 4:38
  7. Couso 23:22 4:33
  8. Villarromariz 23:25 4:30
  9. Porto Avieira 23:28 4:27
  10. Sigüeiro 23:30 4:25
  11. Villacid 23:33 4:22

  12. Alto Vilanova

23:36 4:19
  13. Oroso 23:40 4:15
  14. Deixebre 23:42 4:13
  15. Escola Trasmonte 23:45 4:10
  16. Ordes 23:55 4:00


Servizo de NoiteBús a Santiago

Informáse a tódolos mozos e mozas do municipio que se estableceu unha ruta máis do SERVIZO DE NOITE BUS con destino a Ordes e Santiago, a cal estará habilitada tódolos sábados do ano 2007 dende agosto e os seguintes festivos: 14 de agosto, 31 de outubro, 5 e 31 de decembro.

O autobús fará as paradas nos lugares habituais e o autobús estará identificado cun cartel de NOITE BUS. Neste caso o ervizo prestarao CASTROMIL, S.A..

O prezo do billete será de 2 euros e dará dereito a utilización do servizo durante a ida e volta.
O Concello de Oroso fai un chamamento aos mozos e mozas do Concello para que empreguen este servizo de transporte nocturno como alternativa ao vehículo propio.

PARADAS E HORARIOS 1ª expedición:

 PARADA  IDA VOLTA
  1. Ordes  0:00 2:30
  2. Guindiboo 0:03 2:27
  3. Montaos 0:05 2:25
  4. Oroso 0:10 2:20
  5. Sigüeiro 0:15 2:15
  6. A Sionlla 0:20 2:10
  7. Santiago (A Rosa) 0:30 2:00

PARADAS E HORARIOS 2ª expedición:

 PARADA  IDA VOLTA
  1. Ordes  3:15 5:45
  2. Guindiboo 3:18 5:42
  3. Montaos 3:20 5:40
  4. Oroso 3:25 5:35
  5. Sigüeiro 3:30 5:30
  6. A Sionlla 3:35 5:25
  7. Santiago (A Rosa) 3:45 5:15