subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Enquisa de valoración mediambiental.


A continuación presentámoslle unha enquisa de valoración dos coñecementos en materia ambiental. Esta enquisa ten como finalidade a realización de actividades en función dos intereses e necesidades dos veciños do concello.

Lembrámoslle que esta enquisa e totalmente anónima polo que lle pregamos a máxima sinceridade nas súas respostas.

Para calquera consulta ou dúbida o respeto envie un email a:
medioambienteerural@concellooroso.com


Cumprimente os campos do seguinte formulario. Seleccione a valoración que estime acertada tendo en conta que:
1 = En absoluto
2 = Non moito
3 = Non sabe ou non contesta
4 = En certo modo
5 = Moito
 

Sobre os resíduos sólidos urbanos ...

  1 2 3 4 5
1 ¿Considera suficientes os seus coñecementos sobre os Residuos Sólidos Urbanos (RSU)? Anote ó final o que lle gustaría aprender ó respecto.
2 ¿Cre que a recollida de lixo na súa parroquia é satisfactoria? Faga propostas ó final da enquisa.
3 ¿Considera importante a separación dos RSU?
4 Se dispoñese dos diferentes tipos de colectores, ¿separaría correctamente os residuos?.
5 No caso de ter animais, ¿aproveita os restos orgánicos para darlles de comer?.
6 ¿Coñece a compostaxe?
7 ¿Estaría interesado/a en realizala?
8 ¿Coñece a estratexia das “3 Rs”?
9 ¿Sabe para que serve o punto limpo?
10 ¿Empregouno algunha vez?
11 ¿Estaría disposto/a á participar na recollida dos aceites usados casa por casa?
12 ¿Estaría disposto/a á participar na recollida do vidro casa por casa?
13 ¿Coñece o funcionamento de Sogama?
14 ¿Estaría interesado/a en visitar Sogama?

Sobre agricultura e gandería ...

  1 2 3 4 5
15 ¿Coñece o Código Galego de Boas Prácticas Agrarias editado pola Xunta de Galicia?
16 ¿Teño en conta para realizar as tarefas no campo?
17 ¿Sabe o que é a Agricultura Ecolóxica?
18 No caso de coñecela ¿Aplícaa?
19 Se non escoitou falar dela ¿gustaríalle saber de que trata?
20 ¿Ten idea do que supón a aplicación dos fertilizantes e dos fito- e zoosanitarios no solo?
21 ¿Sabe cales son os residuos máis abundantes en Galicia?
22 Se traballa na agricultura ¿Participaría na recollida de plásticos de uso agrícola nas explotacións?
23 ¿Gustaríalle ter unhas charlas sobre agricultura e gandería? Anote os temas que lle serían de interese.

Sobre problemas ambientais ...

  1 2 3 4 5
24 O cambio climático é un problema do que se escoita falar moito nos medios de comunicación, ¿Cre que é tan importante?
25 ¿Sabe en que consiste o Cambio climático e cales son as súas consecuencias?
26 ¿Interesaríalle instalar paneis solares na casa?
27 Na súa casa ¿procura manter un aforro enerxético (luz, calefacción...)?
28 Oroso é o Concello dos 6 ríos ¿cre que os ríos son unicamente elementos da paisaxe?
29 ¿Considera que os nosos ríos están coidados da forma axeitada?
30 ¿Cre que é rentable investir en medio ambiente?