subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre a matrícula nun curso gratuíto de preparación das probas libres para obter o Graduado en ESO.


 

O Concello de Oroso abre o prazo de matrícula nun curso gratuíto de preparación das probas libres para obter o título de Graduado en Educación Secundaria (ESO). O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 27 de outubro pero, como o número de prazas está limitado a 20, dende o Concello instan aos veciños que estean interesados no curso a anotarse canto antes.

O único requisito para participar é ter 18 anos e realizar unha pequena proba de acceso coa finalidade de establecer un punto de partida homoxéneo para todos os alumnos e alumnas do curso. Ao longo do curso abordaranse os temas máis salientables da educación secundaria para adultos coa finalidade de recoñecer os obxectivos principais desta etapa educativa e poder superar a proba libre que se convoca anualmente a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a obtención do Graduado en ESO.

As solicitudes deberán presentarse no modelo de instancia establecida polo Concello de Oroso no rexistro oficial do Concello antes do venres 27 de outubro de 2017. Para máis información dirixirse á Aula de Formación de Adultos EducaOroso, emprazada no departamento de Servizos Sociais (rúa do Deporte s/n), nos teléfonos 981 688 950 e 981 973 927 ou no mail: educaoroso@concellooroso.com.


[Descarga solicitude de inscrición]
[Descarga da resolución da convocatoria das probas]