subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Un total de 45 maiores de Oroso participan nunha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira.


orosoUn total de 45 veciños e veciñas de Oroso, maiores de 60 anos, tomaron parte esta fin de semana nunha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira organizada polo Concello de Oroso en colaboración coa Asociación da Terceira Idade de Oroso. Unha viaxe na que estiveron acompañados polas concelleiras de Atención ao Maior, Vanesa Boo, e Benestar Social, Beatriz Rodeiro.

Os participantes desfrutaron dunha visita guiada ao santuario de San Andrés de Teixido, onde puideron coñecer as distintas lendas que rodean esta zona. Mentres parte dos asistentes asistiron aos oficios relixiosos, os demais empregaron o tempo en visitar a zona. Ás 14:00 horas, a comitiva desprazouse ata Cedeira onde tivo lugar un xantar composto por empanada, merluza e lacón. Pola tarde, os maiores de Oroso contaron con tempo libre para visitar a vila antes de retornar a Sigüeiro, a onde chegaron a tempo para participar no primeiro Baile de Maiores da temporada.