subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O centro cultural de Sigüeiro acollerá na tarde deste martes unha Festa do Samaín con disco móbil, fotomatón e obradoiros infantís.


 

O centro cultural de Sigüeiro acollerá este martes 31 de outubro, de 17:00 a 20:00 horas, unha gran Festa do Samaín organizada polo Concello de Oroso e á que está convidada toda a veciñanza. A festa está especialmente dirixida a un público familiar, xa que haberá obradoiros de maquillaxe de Samaín, fotomatón para inmortalizar esas caras e disco móbil para bailar e cantar toda a tarde. O Concello de Oroso porá os refrescos, polo que as familias poden colaborar traendo os aperitivos para a merenda. A entrada será totalmente libre e de balde.