subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O centro cultural de Sigüeiro acolle este xoves “Rúa Aires”, unha obra do Retrete de Dorian Gray con monicreques feitos con globos.


 

O auditorio do centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá xoves 28 de decembro, ás 18:30 horas, a representación de “Rúa Aires”, un espectáculo de monicreques feitos con globos da compañía O Retrete de Dorian Gray. Unha actuación dirixida a un público maior de 4 anos e organizada polo Concello de Oroso dentro do seu Programa de Nadal, polo que a entrada será libre e de balde.

En “Rúa Aire”, Marcos PTT (actor, clown e showman) e Ezra Moreno (mago, malabarista) constrúen todo un universo cheo de misterio e de suspense seguindo unha técnica propia para manipular os monicreques inchables. Unha obra premiada en varios festivais e que ten unha duración dunha hora.