subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá venres o VIII Concerto de Panxoliñas de Oroso, que reunirá a 7 agrupacións musicais.


 

O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá venres 29 de decembro, ás 20:00 horas, a oitava edición do Concerto de Panxoliñas de Oroso, que reunirá a sete agrupacións musicais do municipio: coro infantil da Escola de Música José Verea, asociación cultural Néboas no Cumio, Coro Voces Amigas, agrupación folclórica Buxos Verdes, asociación cultural Santa Catalina, asociación cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso e agrupación folclórica Lembranzas do Tambre, que este ano se suma ao cartel. A entrada é libre e de balde.

Durante algo máis dunha hora, estas sete agrupacións interpretarán dous temas cada un, dende panxoliñas moi coñecidas por todos ata panxoliñas tradicionais. Unha sesión que estará presidida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Luís Rey.