subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello comeza hoxe o reparto de mascarillas entre os nenos e nenas de Oroso


orosoO Concello de Oroso comeza hoxe o reparto de 700 mascarillas para nenos e nenas, xa que como ben sabedes poderán saír a dar paseos de forma ordenada desde o domingo.

O uso de mascarilla non é obrigatorio na poboación infantil, pero o Concello de Oroso pon en marcha esta iniciativa para extremar as medidas de prevención e rematar canto antes coa pandemia.

As mascarillas son de dous tipo de medida: -Unha primeira mascarilla que comprende aos nenos/as de 3 a 7 anos. -Unha segunda mascarilla entre 7 e 12 anos.

A partir dos 12 anos, as autoridades sanitarias afirman que pódense usar as mesmas mascarillas que as persoas maiores.

As mascarillas protectoras non sanitarias para a poboación infantil son de dobre capa de tela con apertura para filtro.

POR OUTRA PARTE, o Concello de Oroso pon en marcha tamén unha segunda ronda de reparto de mascarillas en todos os fogares. Hai 4.000 novas unidades para os veciños e veciñas.