subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

COVID-19: Recomendación para paseos de menores en Oroso


orosoTras o Decreto que permite a saída das nenas e nenos durante o ESTADO DE ALARMA, dende o Concello de Oroso realizamos as seguintes recomendacións co fin de evitar aglomeracións e facilitar o distanciamento social para reducir o risco de contaxio.

1.- Os menores irán acompañados dun só adulto (pai, nai ou titor legal), nun entorno cercano, buscando espazos libres e abertos durante un tempo prudencial e evitando o acceso a establecementos. En ningún caso poden realizarse visitas a outros domicilios.

2.- Para preservar a saúde dos nenos, nenas e acompañantes debemos de respectar as recomendacións e organizarnos da seguinte forma:
- Os portais impares farano en intervalos de horas impares.
- Os portais pares farano en intervalos de horas pares.
- Polo de agora, non se poderán utilizar os parques infantís.

Estas recomendacións facémolas en beneficio de toda a comunidade veciñal. Canto máis gardemos as normas, antes sairemos desta pandemia.