subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programa de concilicación no mes de xuño


orosoO Concello de Oroso pon en marcha no mes de xuño un programa de conciliación da vida laboral e familiar, con actividades de ocio e deporte para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

A iniciativa vai dirixida a aquelas familias nas que, pola situación laboral do pai e da nai, non poidan coidar dos seus fillos e necesiten unha alternativa.

Para este tipo de situacións, o concello pon en marcha esta iniciativa, con actividades deportivas nas que non haberá contacto físico e se respectarán todas as medidas de prevención. Os nenos e nenas farán senderismo, patinaxe, hípica, xogos, etc.

O horario será de 08.00 a 14.00 horas, aínda que os pais poderán deixar aos nenos desde as 07.30 horas e recollelos ata as 14.30 horas. A recepción será no polideportivo e as actividades no complexo deportivo de Sigüeiro e nas áreas deportivas de Porto Avieira.

“Desde o concello, queremos darlle unha solución aos pais que teñen que estar presencialmente nos seus traballos; o programa será seguro e respectará as recomendacións sanitarias”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.

As inscricións deben facerse nas oficinas municipais, acreditando a situación laboral dos pais e nais.

Normas programa de conciliación
Inscrición programa de conciliación

Máis información no 981691478.