subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información sobre o servizo de recollida de enseres e voluminosos


orosoDende o Concello de Oroso, concretamente dende a concellería de Medio ambiente e Sanidade, queremos unha vez máis facer un chamamento á responsabilidade de toda a veciñanza.

É unha mágoa deixar os enseres na rúa cando dispoñemos dun servizo de recollida e un punto limpo no Polígono de Oroso Pequeno aberto todos días.

Pedimos encarecidamente a colaboración veciñal para denunciar estes feitos que van contra a saúde, limpeza e decoro de todo un pobo.

Co esforzo de todos/as estamos a procurar ter un concello o máis limpo posible, pero é cousa de todos.

LEMBRAMOS que o concello segue a manter a recollida de voluminosos o primeiro sábado de cada mes e o punto limpo permanece aberto de Luns a Venres de 14:30 a 18:30 horas e os Sábados de 10:00 a 14:00 horas.

Agradecemos a vosa colaboración! Grazas!