subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Un total de 35 nenos e nenas participan no programa de conciliación laboral


orosoUn total de 35 nenos e nenas participan neste mes de xuño no programa gratuíto de conciliación da vida laboral e familiar do Concello de Oroso, con actividades de ocio e deporte.

A iniciativa, organizada de forma conxunta polas concellerías de Deportes, Ensino e Cultura, estaba dirixida a aquelas familias nas que, pola situación laboral do pai e da nai, non puidesen coidar dos seus fillos neste mes e necesitasen unha alternativa.

Os nenos practican actividades deportivas nas que non hai contacto físico e se respectan todas as medidas de prevención, facendo senderismo, patinaxe, hípica, xogos, etc.

O horario é de 08.00 a 14.00 horas, aínda que os pais poden deixar aos nenos desde as 07.30 horas e recollelos ata as 14.30 horas. A recepción é no polideportivo e as actividades no complexo deportivo de Sigüeiro e nas áreas deportivas de Porto Avieira.

“Desde o concello, quixemos darlle unha solución aos pais que teñen que estar presencialmente nos seus traballos; o programa tivo moi boa acolliada, é seguro e respecta todas as recomendacións sanitarias”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.