subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso non cobrará este ano entrada á piscina municipal


orosoUn pleno extraordinario celebrado no Concello de Oroso serviu para aprobar por unanimidade a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa da piscina municipal.

Grazas a esta decisión, o concello non cobrará entrada este verán ás persoas empadroadas en Oroso, unha medida máis de apoio ás familias nesta crise do coronavirus.

Unha vez rematadas as obras da nova cuberta, cun investimento de 210.475 euros, a piscina abrirá nos últimos días de xuño.

O concello está pendente das indicacións das autoridades sanitarias para decidir como será a entrada ao recinto, posiblemente por cita previa e diferentes quendas. Daremos máis información nos próximos días do procedemento, así como dos cursos de natación do verán.

O grupo de goberno agradece o talante e a dispoñibilidade de todos os grupos políticos da corporación na sesión plenaria.