subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Convocatoria para a concesión de becas para estudos do Concello de Oroso


orosoA Concellaría de Ensino pon en marcha estas bolsas para sufragar os gastos do alumnado que curse estudos obligatorios de Educación Secundaria ou 2º Ciclo de Educación Infantil, en centros públicos do Concello de Oroso que fosen efectuados desde o inicio do curso escolar do exercicio presupuestario presente.

Os gastos subvencionados serán en concepto de Material escolar: mochilas, estuches..., material deportivo: Chándal, zapatillas deportivas ou roupa de abrigo e calzado.

Beneficiarios
Aqueles que ostenten a patria potestade ou tutela do alumnado que curse estudos obligatorios ou 2º Ciclo de Educación Infantil, en centros públicos do Concello de Oroso que cumpran as condicións específicas previstas no artigo 3 das bases.

Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais desde a publicación do extracto da convocatoria no BOP.

Importe
A cuantía máxima da beca por solicitante e alumno será de 200,00 euros.

Publicación das bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia: 25/08/2020 (BOP nº 137)