subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso apoia á veciñanza, "moi molesta cos cambios nas liñas do transporte metropolitano", e esixe que o servizo respecte os percorridos tradicionais


orosoO Concello de Oroso comprende e apoia as queixas da veciñanza con respecto aos cambios nas liñas do transporte metropolitano, realizados sen consulta previa aos municipios afectados.

O Concello de Oroso aporta cada ano unha partida próxima aos 15.000 euros ao transporte metropolitano, xestionado pola Xunta. Son moitos os veciños e veciñas que usan cada día as liñas, sobre todo para trasladarse a Santiago de Compostela.

Este ano, sen consulta previa, a Xunta cambiou os percorridos das liñas, xa que agora só fai unha parada na rúa do Hórreo en Santiago, cando os autobuses sempre facían varias paradas para facilitar o traslado de estudantes e traballadores.

“Non hai dereito e apoiamos á veciñanza, desde o concello tomaremos todas as medidas que sexan necesarias para que as liñas e os servizos sigan igual”, advirte o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Ademais do percorrido por Santiago, cambiaron tamén os que facían sempre os autobuses polas tardes, que chegaban ata a urbanización Porto Avieira e outras parroquias e agora non o fan, deixando a todos os usuarios en Sigüeiro.

Nas últimas horas, centos de veciños e veciñas expresaron o seu malestar e o concello apoia as súas reivindicacións, xa que é un servizo que supón un investimento anual importante para darlle un bo servizo aos orosáns.

Acceso ao servizo de transportes do Concello de Oroso