subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Centro de Saúde de Oroso contará desde o próximo martes cun novo facultativo


orosoDespois de moitos meses de xestións e demandas ante a Consellería de Sanidade, o centro de saúde contará desde o próximo martes cun novo facultativo.

Este reforzo é fundamental para mellorar o servizo, tendo en conta a presión asistencial e o numero de veciños e veciñas de Oroso.

O concello amosa a súa satisfacción, pero seguirá demandando outros reforzos moi necesarios, como un servizo de matrona e un traballador social.

Ademais, despois da pandemia o Concello de Oroso insistirá ante a Xunta na súa demanda de que o centro de saúde poida abrir tamén polas tardes.

Garantir unha correcta asistencia sanitaria para a veciñanza é unha prioridade para o grupo de goberno do Concello de Oroso.