subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza fiscal da taxa por prestación do servicio de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos. (B.O.P. Nº 298).


Artigo 1. FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 144 da Constitución,polo  art. 106 da Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local e o artigo 58 da lei 39/1988 reguladora das facendas locais, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, o Concello de Oroso establece a Taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, a que se refire o artigo 20.4 s) da Lei 39/88, que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal.

 

Artigo 2.  FEITO IMPOÑIBLE 

1. Constitúe o feito impoñible a prestación do servicio de recepción obligatoria de recollida de residuos sólidos urbanos de vivendas, garaxes de comunidades, aloxamentos e locais ou estabrecementos onde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionales, artísticas ou de servicios. 

A tal efecto, se considerarán residuos sólidos urbanos os descritos no artigo 3 b da lei de residuos 10/98, e en particular: 

·                           Os restos e desperdicios de alimentación ou detritus procedentes da limpeza normal de locales ou vivendas.

·                           Os restos  non arborescentes que procedan do mantemento de zonas verdes axardinadas.

·                           Animales domésticos muertos, así como mobles ou enseres.

·                           Recollida selectiva de pilas, o seu almacenaxe e depósito en centros especiales para o seu tratamento e eliminación.

·                           Xestión dos centros municipais de recollida selectiva de residuos urbanos, denominados "punto limpio".

Artículo 3º. SUXEITOS PASIVOS

1.      Son suxeitos pasivos contribuintes as personas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas no se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso de precario.

2.      Terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuinte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cuotas satisfeitas sobre os usuarios de aquelas, beneficiarios do servicio. 

Artículo 4º. COTA TRIBUTARIA 

1. A cota tributaria consistirá en unha tarifa fixa, por unidade de vivenda ou local, cunha cuantía que se determinará en función do uso do inmoble segundo as circunstancias que se indican nos epígrafes seguintes: 

1.A.- Tarifa doméstica :  

VIVENDAS PARTICULARES NO CASCO URBANO NAS QUE SE RECOLLA  O LIXO DIARIAMENTE

62,85 €

VIVENDAS PARTICULARES NO MEDIO RURAL DE RECOLLIDA ALTERNA

38,30 €

1.B.-  Tarifa de locais de negocio:

ACTIVIDADE
EPÍGRAFE IAE
TARIFA
HOTEIS E RESIDENCIAS DE ATA 10 HABITACIÓNS
SECCIÓN 1 Epígrafes 681 a 687; 9351, 9352
106,50 €
HOTEIS E RESIDENCIAS DE 11 A 20 HABITACIÓNS
SECCIÓN 1 Epígrafes 681 a 687; 9351, 9352
319,50 €
HOTEIS E RESIDENCIAS DE MÁIS DE 20 HABITACIÓNS
SECCIÓN 1 Epígrafes 681 a 687; 9351, 9352
639,00 €
RESTAURANTES DE CINCO E CATRO TENEDORES
SECCIÓN 1 Epígrafes 671.1, 671.2
426,00 €
RESTAURANTES DE TRES, DOUS E UN TENEDORES
SECCIÓN 1 Epígrafes 671.3, 671.4, 671.5
319,50 €
CAFETERIAS BARES E ESTABLECEMENTOS ANÁLOGOS NA ZOA URBANA
SECCIÓN 1 Epígrafes 6721 a 6723; 6731,6732; 6741 a 6746, 676, 677.9
266,30 €
CAFETERIAS BARES E ESTABLECEMENTOS ANÁLOGOS NA ZOA RURAL
SECCIÓN 1 Epígrafes 6721 a 6723; 6731,6732; 6741 a 6746, 676, 677.9
138,45 €
SUPERMERCADOS DE 120 A 399 M2
SECCIÓN 1 Epígrafe 647.3
426,00 €
SUPERMERCADOS DE 400 M2 E MAIS
SECCIÓN 1 Epígrafe 647.4
639,00 €
COMERCIO AL POR MAIOR (EXCEPTO INDUSTRIA ALIMENTARIA)
SECCIÓN 1 Agrupación 61, 62 (Excepto 612)
319,50 €
COMERCIO AL POR MAIOR ALIMENTACIÓN
SECCIÓN 1 Agrupación 612
639,00 €
COMERCIO AL POR MENOR INDUSTRIA ALIMENTARIA - ZONA URBANA
SECCIÓN 1 Agrupación 64 (Excepto 647.3, 647.4), Grupo 675
266,30 €
COMERCIO AL POR MENOR INDUSTRIA ALIMENTARIA ZONA URBANA – LOCAIS DE MENOS 40 m²
SECCIÓN 1 Agrupación 64 (Excepto 647.3, 647.4), Grupo 675
138,45 €
COMERCIO AL POR MENOR INDUSTRIA ALIMENTARIA - ZONA RURAL
SECCIÓN 1 Agrupación 64 (Excepto 647.3, 647.4), Grupo 675
138,45 €
COMERCIO AL POR MENOR (EXCEPTO INDUSTRIA ALIMENTARIA), SERVICIOS PERSONALES E DE REPARACIÓN - ZONA URBANA
SECCIÓN 1 Agrupación 65 e 69, Grupo 755 e 971
191,75 €
COMERCIO AL POR MENOR (EXCEPTO INDUSTRIA ALIMENTARIA), SERVICIOS PERSONALES E DE REPARACIÓN ZONA URBANA – LOCAIS DE MENOS 40 m²
SECCIÓN 1 Agrupación 65 e 69, Grupo 755 e 971
138,45 €
COMERCIO AL POR MENOR (EXCEPTO INDUSTRIA ALIMENTARIA), SERVICIOS PERSONALES E DE REPARACIÓN - ZONA RURAL
SECCIÓN 1 Agrupación 65 e 69, Grupo 971
138,45 €
ACTIVIDADES INDUSTRIAIS
SECCIÓN 1 Divisións 0 a 5
191,75 €
CENTROS EDUCATIVOS, EDIFICIOS ADMINISTRATIVOS, MUSEOS E BIBLIOTECAS
SECCIÓN 1 Grupo 931, 966.1
372,80 €
CLÍNICAS, HOSPITAIS, SANATORIOS, BALNEARIOS E BAÑOS
SECCIÓN 1 Grupo 941 e 942.1, 942.2
639,00 €
COMERCIO MIXTO INTEGRADO EN GRANDES SUPERFICIES E PARQUES E RECINTOS FERIALES
SECCIÓN 1 Grupo 661, Grupo 989.3
1.917,00 €
INSTITUCIONES FINANCEIRAS, SEGUROS, SERVICIOS PRESTADOS Á EMPRESAS E ALQUILERES
SECCIÓN 1 Grupo 8
191,75 €
PROFESIONAIS E ACTIVIDADES DIVERSAS
SECCIÓNS 2 e 3 e en xeral calesquera actividade da SECCIÓN 1 non encadrada nas anteriores tarifas
106,50 €

2. Cando nun mesmo local se veñan desenvolvendo actividades que tributen en distintos conceptos, pagarase a tarifa correspondente á actividade cuia tarifa sexa maior.

3. As actividades que non coticen ou non teñan epígrafe no IAE serán asimiladas ó concepto co que garde maior similitude.

Artículo 5º. DEVENGO E PERIODO IMPOSITIVO

1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir dende o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando se den simultáneamente as seguintes circunstancias:

a) Estea estabrecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida de basuras domiciliarias nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuintes suxeitos á Taxa.  Nos núcleos rurais e, en xeral, no ámbito rural enténdese que está estabrecido o servicio cando exista un contenedor de recollida nun radio de 200 metros contados a partir de calquera punto do edificio, construcción ou local onde se ubica a vivenda ou se realiza a actividade.

b) Respecto os inmobles, se atopen nos seguintes casos:

·        No caso de vivendas, as mesmas considerense habitables. Consideraranse habitables todas aquelas que ou ben dispoñan de licencia de primeira ocupación ou ben estean dadas de alta no Padrón catastral do Imposto de Bens Inmobles, mentres non estivesen declaradas legalmente en ruinas.

·        No caso de locales, se iniciasen as actividades que os encadren na correspondente tarifa. A tal efecto, consideraranse iniciadas cando se conceda a preceptiva licencia de apertura.

 

2. Estabrecido e en funcionamiento o servicio, o devengo terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano  e o periodo impositivo comprenderá o ano natural, salvo cando nos supostos de inicio do uso do servicio, o día de comenzo non coincida co ano natural en cuio suposto as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de trimestres naturais que restan para finaliza-lo ano, incluido o de comenzo de uso do servicio.

 

Asimesmo, e no caso de cese no uso do servicio, as cuotas serán prorrateadas por trimestres naturais, excluido aquél en el que se produza o devandito cese. A tal fin os suxeitos pasivos poderán solicita-la devolución da parte da cota correspondente aos trimestres naturales nos que non se utilizase o servicio.

 

No haberá lugar ó prorrateo nos supostos de cambios de titularidade en vivendas e actividades. 

Artigo 6. NORMAS DE XESTIÓN 

1. A taxa xestionase a partires dun padrón constituido polo censo comprensivo dos obrigados tributarios, domicilio fiscal, inmobles e tarifas aplicables o cal será aprobado anualmente polo concello. 

2. Os suxeitos pasivos están obrigados a notificar ó concello calesquera variación nos datos do Padrón, e a tal efecto teránse en conta as seguintes circunstancias:

·        Altas.- As altas no Padrón poderán producirse:

o       De oficio: Cando ó concello lle conste a existencia de actividades constitutivas do feito impoñible por calquer medio.

o       A instancia dos suxeitos pasivos: Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar a correspondente declaración de alta ó obte-la correspondente licencia de apertura ou de primeira ocupación.

·        Baixas.- As baixas poderán producirse:

o       De oficio: Cando ó concello lle conste por algún medio, no caso de vivendas a desaparición, destrucción, derribo e revocación da licencia de primera ocupación ou supostos asimilados. No caso de actividades en locales, por cese no exercicio da actividade (baixa de licencia de apertura e Imposto sobre Actividades Económicas).

o       A instancia dos suxeitos pasivos: Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar a correspondente declaración de baixa ó obte-la correspondente licencia de demolición dos inmobles ou a baixa de licencia de apertura e Imposto de Actividades Económicas no caso de actividades. 

3. As altas, baixas e variación de datos serán notificados ó suxeito pasivo; non obstante cando o contenido de tales actos se desprenda das declaracións de alta, baixa ou variación presentados polos suxeitos pasivos, tales actos entenderanse notificados no momento da presentación. A notificación poderá realizarse conxuntamente cos actos de liquidación da taxa.

4. As declaracións de altas, baixas e en xeral de variación de datos referentes a un periodo impositivo surtirán efectos no Padrón do exercicio inmediatamente posterior.

5. As cotas da taxa serán recaudadas:

·        Con carácter xeral mediante recibo derivado do Padrón. A tal efecto as liquidacións serán practicadas ós suxeitos pasivos cos requisitos esixidos na lei xeral tributaria e normativa de desenvolvemento na materia.

·        No caso de altas,

o       As realizadas por declaración do suxeito pasivo, farase por autoliquidación conxunta coa declaración de alta.

o       As realizadas de oficio, por liquidación xirada pola propia administración. 

ARTIGO 7º.-INSPECCIÓN E RECADACIÓN 

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto

na Lei Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento. 

ARTIGO 8º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En  todo  o  relativo  á  cualificación  de  infraccións  tributarias,  así  como

a  determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven. 

DISPOSICIÓN DEROGATORIA 

Quedan derogadas calesquera outras normas sobre a Taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos aprobadas por este concello en data anterior a presente. 

DISPOSICIÓN FINAL 

A presente modificación da ordenanza fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno do Concello, entrará en vigor ó 1 de xaneiro de 2008 logo da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.