Ordenanza da taxa pola prestación do servicio do centro de atención á primeira infancia. (B.O.P. N1 297).
ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA
De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, TR
2/2004 da lei reguladora das Facendas Locais este concello establece o
prezo público por prestación do servizo público Escola Infantil Municipal
de Oroso, especificando as tarifas no artigo 4 e seguintes, que se rexerán
polo presente texto normativo.
ARTIGO 2. CONCEPTO
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións
patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que
voluntariamente soliciten o ingreso na Escola Infantil do concello de
Oroso, comprendendo as seguintes prestacións:
- Atención, coidado e custodia nas instalacións deste centro, a nenos de 0
a 3 anos, durante o horario definido no Regulamento do servizo, así como a
atención educativa apropiada ós nenos e nenas desta idade, de conformidade
coa normativa aplicable.
- Prestación do servizo de comedor, de acordo co Regulamento do servizo.
ARTIGO 3. OBRIGADOS O PAGAMENTO
Están obrigados ó pago das cantidades que se establecen como prezo os
proxenitores dos nenos ou nenas matriculados na escola ou, no seu caso, a
quen corresponda o exercicio da patria potestade, exerza a tutela ou
incluso teña os nenos en acollida.
ARTIGO 4. BASE DE CÁLCULO.
4.1 Enténdese por "renda per cápita mensual" o resultado de dividir polo
número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de
dividir entre 12 meses a suma dos ingresos totais da unidade familiar
No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de
membros que compoñen a unidade familiar ós efectos de cálculos da renda
per cápita.
4.2 Para os efectos desta Ordenanza, ten a consideración de ingresos a
suma da parte xeral máis a parte especial da base impoñible previas á
aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das
persoas físicas.
Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles as que se
fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na
Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das
persoas físicas.
4.3 A efectos de aplicación desta Ordenanza, entenderase por "unidade
familiar" a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu
caso, os fillos e fillas menores con excepción dos que, con consentimento
dos pais, vivan independentes destes e os fillos maiores de idade e
menores de 26 anos cunha discapacidade superior ao 33% e os incapacitados
xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou os
así declarados pola administración autonómica competente.
Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a
unidade familiar estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas
que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo
anterior e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera
dos proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo.
A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á
situación existente a 31 de decembro de cada ano.
ARTIGO 5. CONTÍA
5.1 A contía do prezo público deriva da aplicación das seguintes tarifas
mensuais, polo que se refire á asistencia ó centro:
Nº Tarifa | Renda per cápita mensual | Horario mañá | Horario tarde | Horario xornada partida ou continua |
T-1 | inferior ó 50% SMI | 0,00 euros | 0,00 euros | 0,00 euros |
T-2 | Entre o 50% o 75% SMI | 28,50 euros | 20,63 euros | 33,00 euros |
T-3 | Superior 75% e inferior 100% SMI | 57,00 euros | 41,25 euros | 66,00 euros |
T-4 | Entre 100% e 150% SMI | 85,50 euros | 61,88 euros | 99,00 euros |
T-5 | Superior 150% SMI | 95,00 euros | 68,75 euros | 110,00 euros |
5.2 Servicios complementarios
Renda per capita mensual. | Servizos comedor | Servizos comedor días soltos | Hora ampliada |
inferior ó 30% SMI | 0,00 euros | 0,00 euros | 0,00 euros |
Entre o 30% ó 100% SMI | 16,50 euros | 1 euros | 6,88 euros |
Superior ó 100% SMI | 33 euros | 2 euros | 13,75 euros |
5.3 Para as nenas e os nenos que, con carácter extraordinario, soliciten
máis horas diarias de asistencia ao centro que as contempladas no horario
do que é usuaria/usuario, a tarifa mensual que lle corresponde abonar
incrementarase atendendo o número de horas que permaneza no centro.
ARTIGO 6. REDUCIÓNS.
A) Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que
resulte de aplica-lo disposto no artigo anterior aplicaranse os seguintes
descontos:
a) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por cento.
b) Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por
cento.
c) Cando asistan ó mesmo centro varios irmáns, desconto dun 20 por cento
por cada neno/a atendido/a. No caso de que estes irmáns nacesen en parto
múltiple, o desconto será dun 30 por cento por cada neno/a.
Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán
acumulables.
B) Cando por circunstancias sobrevidas, o/a neno/a ingrese no centro con
posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes
terá un desconto do 50 por cento de desconto.
ARTIGO 7. NORMAS DE XESTIÓN
7.1 O importe das cotas por asistencia e comedor a pagar para cada
obrigado determinarase pola resolución de Alcaldía, que de acordo co
regulamento do servicio, aprobe a relación definitiva de admitidos e non
admitidos na Escola Infantil cada curso escolar ou no seu caso nas
convocatorias extraordinarias.
Nembargantes, as tarifas inicialmente establecidas poderán ser obxecto de
revisión segundo os termos do artigo 9.
7.2 Unha vez determinada a admisión na escola infantil municipal, os
obrigados ó pago deberán facer efectivo as cantidades establecidas nos
termos do artigo seguinte.
7.3 O beneficiario queda obrigado a comunicar calquera variación que se
produza na situación socioeconómica e familiar que dera lugar á concesión
de praza e aplicación de tarifa.
7.4 O concello poderá recadar en calquera momento, previo consentimento
dos usuarios, os datos económicos necesarios das administracións
tributarias para proceder á actualización das tarifas a pagar polos
usuarios, así coma que os propios usuarios aporten a documentación
xustificativa precisa.
ARTIGO 8. PAGAMENTO
8.1 A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza
nace desde o momento en que, formalizada a matrícula do neno/a usuario do
servicio para todo o curso escolar, se preste o servicio, e durará ata a
formalización da baixa ou finalización do curso.
8.2 O pago das cotas por asistencia e comedor realizarase mensualmente nos
dez primeiros días do mes natural a que correspondan. Nos casos en que o
ingreso no centro se produza con posterioridade ó día primeiro do mes, a
cota correspondente ó devandito mes ingresarase nos dez días seguintes á
data de ingreso.
8.3 No caso de utilización do servicio de comedor por días soltos,
realizarase o pago deste servicio xunto á cota do mes seguinte.
8.4 Salvo o disposto no artigo 10 desta ordenanza , a falta de asistencia
do neno/a ó centro non suporá reducción nin exención da cota mentres non
se formalice a baixa correspondente. Nese suposto non se eximirá do pago
nin se reducirá a cota do mes natural no que se produza a baixa.
8.5 O medio de pago será o de cargo en conta ou domiciliación bancaria,
mediante impreso autorizante firmado polos usuarios no momento da
matrícula no centro.
ARTIGO 9. REVISIÓN DE TARIFAS
9.1 Ao longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada
inicialmente, tanto a petición dos usuarios coma por propia iniciativa do
concello, cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na
unidade familiar referidas aos seguintes casos:
a) Modificación das variables que determinan as persoas que, convivindo no
mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores o salario mínimo
interprofesional anual vixente.
b) Variacións nos seus ingresos que supoñeren unha diminución ou
incremento do 25% fronte aos ingresos tidos en conta para a fixación
inicial de cota.
9.2 No caso de revisión de tarifas á baixa, os usuarios non poderán esixir
o reintegro total ou parcial das cotas xa devengadas no momento da
solicitude, cando a súa contía e determinación derivasen de documentación
ou circunstancias que puidesen ser alegadas polo propios interesados no
seu momento, ou por erros atribuíbles ós propios usuarios.
9.3 No caso de revisión de tarifas en incremento, estas só serán esixibles
de cara ás cotas a devengar no futuro.
9.4 En todo caso, e con independencia do exposto nos puntos anteriores,
cando por ocultación ou falsidade nos datos e documentación determinante
de encadramento nunha determinada tarifa, as tarifas cobradas fosen
inferiores a contía sinalada na presente ordenanza, poderase esixir o
deixado de cobrar por parte do concello.
9.5 A modificación da tarifa, será acordada polo Alcalde-Presidente á
proposta da comisión de baremación da escola infantil municipal, previa
audiencia dos interesados.
ARTIGO 10. SUSPENSIÓN TEMPORAL DE PAGO DA COTA
Os suxeitos obrigados ós que fai referencia o artigo 3º non terán a obriga
de aboa-la cota durante os seguintes períodos:
10.1 O mes de vacacións anual do neno/a, sempre que non se produza baixa
antes de finaliza-lo curso. Non obstante, co fin de facilita-la xestión,
ao só efecto de pago da cota, considerarase coma mes de vacacións o
derradeiro mes natural do curso escolar, con independencia do mes real de
disfrute das vacacións.
10.2 Cando, por calquera motivo, o centro permaneza pechado un período
superior a quince días naturais, prorrateándose a cota polo período de
tempo proporcional.
10.3 Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir
temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado estará exento de
aboa-la cota mensual unicamente respecto a períodos de ausencia que
comprendan meses naturais completos, dende o primeiro día do mes natural
de ausencia completa ó centro, ata o último día do mes natural
inmediatamente anterior ó que teña lugar a reincorporación do neno/a ó
centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó
día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducírase nun 50 por
cento.
A solicitude de suspensión de cota, xunto coa acreditación documental da
circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o alcalde-presidente,
con unha antelación mínima de dez días naturais ó de inicio do mes natural
de comezo da exención, o cal resolverá sobre a procedencia da suspensión
previo informe da comisión de baremación, segundo o disposto no
regulamento do servicio.
Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes
de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de
reincorporación. Así mesmo, nos casos en que o Alcalde-Presidente acorde a
non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá
ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da
notificación da resolución denegatoria.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
Ata que se produza a adxudicación do contrato de concesión do servicio da
escola infantil municipal e entre en vigor o novo regulamento do servicio
cos novos horarios, as tarifas a aplicar segundo o artigo 5.1 serán
substituídas polas seguintes:
Nº tarifa | Renda per cápita mensual | Horario mañá | Horario tarde | Horario xornada partida ou continua |
T-1 | inferior ó 50% SMI | 0,00 euros | 0,00 euros | 0,00 euros |
T-2 | Entre o 50% o 75% SMI | 27,00 euros | 18,56 euros | 33,00 euros |
T-3 | Superior 75% e inferior 100% SMI | 54,00 euros | 37,13 euros | 66,00 euros |
T-4 | Entre 100% e 150% SMI | 81,00 euros | 55,60 euros | 99,00 euros |
T-5 | Superior 150% SMI | 90,00 euros | 61,88 euros | 110,00 euros |
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Queda derrogada a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do
servicio do centro de Atención á primeira infancia do concello de Oroso.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente ordenanza entrará en vigor cando unha vez aprobada
definitivamente polo Pleno da corporación e publicado o seu texto integro
no Boletín Oficial da Provincia, teña transcorrido o prazo previsto no
artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime
local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación
expresas.