subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza Fiscal reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de naturaleza urbana. (B.O.P. Nº 298).


Artigo 1º .-Fundamento

De conformidade co disposto nos artigos 15.1 e 60.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro reguladora das Facendas Locales, establecese o Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, que esixirase conforme ó disposto na devandita Lei e na presente Ordenanza Fiscal, dictada ó amparo do establecido no artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Artigo 2º .-Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible do imposto, o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poñan de manifesto a consecuencia da transmisión de súa propiedade por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera Dereito Real de goce limitativo do dominio, sobre os referidos terreos.

2. O título a que se refire o apartado anterior poderá consistir en:

a) Negocio xurídico "mortis causa".

b) Declaración formal de herdeiros "abintestato".

c) Negocio xurídico "ínter vivos", sexa de carácter oneroso ou gratuíto.

d) Enaxenación en subasta pública.

e) Expropiación forzosa.

3. Considéranse urbanos os terreos que teñan tal natureza ós efectos do Imposto de Bens Inmobles, estean ou non contemplados como tales no Catastro ou no Padrón de aquel. Do mesmo xeito, estarán tamén suxeitos o incremento de valor que experimenten os terreos clasificados coma de características especiais ós efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

Artigo 3º .-Supostos de Non Suxeición e Exencións

1. Non están suxeitas a este imposto os supostos descritos no artigo 105 da lei 39/89 das facendas locais, así como calquera outro recollido nunha norma con rango de lei ou Tratado Internacional.

2. Están exentos de este imposto os incrementos de valor que se manifesten a consecuencia dos actos descritos no artigo 106 da lei 39/89 das facendas locais, así como os suxeitos pasivos que deban facer fronte a este imposto recollidos no devandito artigo ou en calquera norma con rango de lei ou Tratado Internacional.

Artigo 4º .-Suxeitos pasivos

1. É suxeito pasivo do Imposto a título de contribuínte:

a) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de Dereitos Reais de goce limitativos do dominio a título lucrativo, a persoa física ou xurídica ou a Entidade a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que adquira o terreo o a cuio favor se constitúa ou transmita o Dereito Real de que se trate.

b) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisión de Dereitos Reales de goce limitativos do dominio a título oneroso, a persoa física ou xurídica ou a Entidade a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que transmita o terreo ou a cuio favor se constitúa ou transmita o Dereito Real de que se trate.

2. Nos supostos a que se refire a letra b) do apartado anterior, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, a persoa física ou xurídica, ou a Entidade a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que adquira o terreo a cuio favor se constitúa ou transmita o Dereito Real de que se trate, cando o contribuínte sexa una persoa física non residente en España.

Artigo 5º .-Base impoñible

1. A base impoñible de este Imposto está constituída polo incremento do valor dos terreos posto de manifesto no momento do devengo e experimentado ó longo de un período máximo de vinte anos.

2. Para determina-lo importe do incremento real a que se refire o apartado anterior, se aplicará sobre o valor do terreo calculado de acordo coas regras establecidas no artigo 108 da lei 39/88 no momento do devengo, a porcentaxe que corresponda en función do número de anos durante os cuais se xenerase o devandito incremento.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 108 da lei 39/88, para o suposto que os valores catastrales dos terreos sufrisen modificacións como consecuencia de procedementos de valoración colectiva, aplicarase unha reducción do 40% ó valor do terreo durante os primeiros cinco anos de vixencia dos novos valores. Non se aplicará tal reducción cando os novos valores fosen inferiores os antigos, sen que a contía da reducción poida conlevar uns valores inferiores ós valores catastrales antigos.

3. A porcentaxe anteriormente citada será a que resulte de multiplica-lo número de anos expresado no apartado anterior polo correspondente porcentaxe anual segundo as regras do artigo 108 da lei 39/88, que será:

a) Para os incrementos de valor xerados en un período de tempo comprendido entre uno e cinco anos: 3,7

b) Para os incrementos de valor xerados en un período de tempo de ata dez anos: 3,5

c) Para os incrementos de valor xerados en un período de tempo de ata quince anos: 3,2

d) Para os incrementos de valor xerados en un período de tiempo de ata vinte anos: 3

Artigo 6º .-Tipo de gravame, cota tributaria e bonificacións

1. Os tipos de gravame serán os seguintes:

a) Para os incrementos de valor xerados en un período de tempo comprendido entre uno e cinco anos: 30%

b) Para os incrementos de valor xerados en un período de tempo de ata dez anos: 29%

c) Para os incrementos de valor xerados en un período de tiempo de ata quince anos: 28%

d) Para os incrementos de valor xerados en un período de tiempo de ata vinte anos: 27%

2. A cota íntegra será a resultante de aplica-lo tipo á base impoñible.

Artigo 7º .-Devengo

1.-O imposto devéngase:

a) Cando se transmita a propiedade do terreo, xa sexa a título oneroso ou gratuíto, entre vivos ou por causa de morte, na data da transmisión.

b) Cando se constitúan ou transmitan calquera Dereito Real de goce limitativo do dominio, na data nas que teña lugar a constitución ou transmisión.

2.-Ós efectos do disposto no número anterior, considerarase como data da transmisión:

a) Nos actos ou contratos entre vivos, a do outorgamento do documento público e, cando se trate de documentos privados, a da súa incorporación ou inscrición en un Rexistro Público ou a da súa entrega a un funcionario público por razón do seu cargo.

b) Nas transmisións por causa de morte, a do falecemento do causante.

Artigo 8º .-Normas de xestión

1.-Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante o Concello, ou ante o ente en quen éste delegue a xestión, declaración tributaria segundo o modelo determinado pola Administración, contendo os elementos da relación tributaria imprescindible para practica-la liquidación procedente e acompañada polos documentos nos que consten os actos ou contratos que orixinan a imposición.

2.-A declaración deberá ser realizada nos seguintes prazos a contar dende a data en que se produza o devengo do Imposto:

a) Cando se trate de actos intervivos, o prazo será de trinta días hábiles.

b) Cando se trate de actos por causa de morte, o prazo será de seis meses prorrogables ata un ano a solicitude do suxeito pasivo. A solicitude deberá expresa-los bens da herencia do causante cuia transmisión esté suxeita a este Imposto e a identificación dos suxeitos pasivos, expresando o seu nome, domicilio e NIF. En caso de non ser resolta a solicitude de prórroga no prazo de un mes, a contar dende a súa presentación, se entenderá concedida por silencio administrativo.

3.-Nos supostos en que os terreos, aínda sendo de natureza urbana no momento do devengo do Imposto, non teñan fixado valor catastral, a Administración no momento en que se fixe o valor catastral procederá a practicar liquidación e notificala ó suxeito pasivo.

Artigo 9º .-Inspección e recadación

A inspección e recadación deste imposto serán realizadas de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e demais disposicións reguladoras da materia.

Artigo 10º .-Infraccións e Sancións

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que polas mesmas correspondan en cada caso, se aplicará o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas demais disposicións sobre a materia.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 2004 trala súa aprobación definitiva polo Pleno da corporación e a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, e se aplicará en tanto non se acorde a súa derrogación ou modificación.