subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Regulamento Xeral de utilización das instalacións deportivas municipais. (B.O.P. Nº 161)


CAPÍTULO I - DISPOSICIÓNS XERAIS

 

Artigo 1.- Consideracións xerais.

Unha das competencias dos concellos establecida pola lei de bases de réxime local no seu artigo 25.2 m) é a realización e fomento de actividades deportivas nas súas instalacións.

As características das instalacións deportivas municipais están en consonancia cos citados obxetivos e fins, de aquí que a sua regulamentación deba fundamentarse nos seguintes principios xerais:

- Carácter eminentemente popular.

- Auténtica promoción social.

- Sen fin lucrativo.

- Abarcar tódala gama posible de especialidades deportivas practicables nas instalacións.

Para o mellor cumprimento de estos fines, o concello desenvolve unha serie de normas que servirán dunha parte, para garantiza-los dereitos dos usuarios das instalacións deportivas municipais e de outra, para fixar as necesarias obrigas ou deberes de éstos co persoal, cos demáis usuarios ou co propio equipamento deportivo.

O incumprimento da normativa é susceptible de sanción, que se impondrá polo órgano competente previsto. Éstas graduaranse segundo a gravidade do feito. Se o usuario causara pérdida económica por rotura ou deterioro de algún servicio ou mobiliario etc. da instalación o causante deberá aboar o seu importe, sen perxuicio da correspondente sanción a que dera lugar.

O concello recomenda ós usuarios someterse a un recoñecemento médico previo, antes de empezar calquera actividade programada, reservándose o dereito de esixilo se o estimase convinte.

Todo o non contemplado na presente normativa estará suxeito as máis elementales normas de educación, decoro, civismo, urbanidade, etc.

 

Artículo 2.- Instalacións deportivas municipais.

Son instalacións deportivas municipais todos aqueles edificios, dependencias ou recintos ó aire libre, equipados para desenrolar a práctica deportiva, cuxa xestión directa ou indirectamente dependa do concello de Oroso.

As instalacións deportivas municipais permanecerán abertas ó público e calquera cidadán poderá acceder ás mesmas e utilizalas, de acordo co Regulamento vixente, mediante o abono da correspondente taxa ou prezo público municipal aprobado cada ano.

En cada instalación poderán practicarse os deportes ós que especialmente estea destinada. Será tamén posible a práctica de outros deportes, sempre que se poida técnicamente e previa autorización municipal, que será outorgada discrecionalmente. As instalacións deportivas municipais poderán ser destinadas ó deporte educativo escolar, ó de ocio, ó de competición e de forma puntual a actividades de carácter social que cumpran os requisitos que para cada caso contemplen.

CAPÍTULO II - DOS USUARIOS

 

Artigo 3.- Condición de usuarios

Definimos como usuarios todas aquelas persoas que utilizan as instalacións deportivas ou participan das actividades deportivas programadas.

 

3.1 TIPOS DE USUARIOS:

3.1.1 Aboados

É todo aquel usuario que reunindo os requisitos que máis adelante se sinalan obteña o carnet de usuario aboado e faga efectivo a taxa correspondente.

Modalidades de carnet de usuario abonado:

* Infantil: para empadroados en Oroso menores de 16 anos e maiores de 3 anos.

* Adulto: para empadroados en Oroso maiores de 16 anos.

A condición de empadroado, a idade etc., acreditarase mediante a presentación de certificado de empadroamento expedido polo concello, presentación do orixinal do D.N.I., ou libro de familia, ou calquera outro documento que se considere suficiente coma acreditación.

O carnet de Aboado terá a validez que se sinale para cada actividade segundo a correspondente ordeanza a partires da data de alta. A non-renovación en prazo (no mes de vencimento), do carnet de aboado, comportará tamén a baixa nas relacións de reservas de praza nas actividades en que estivera interesado.

 

3.1.2 Libres

Son todos aqueles usuarios que non tendo a consideración de aboado utilicen as instalacións ou participen en algunha das actividades deportivas organizadas polo concello.

 

3.1.3 Clubes, asociacións deportivas, equipos e centros escolares

Reciben esta denominación todos aqueles usuarios que de maneira colectiva utilizan as instalacións deportivas Municipais para a realización das súas actividades.

* Clubes ou asociacións deportivas locales son aqueles, que habéndose dado de alta como tales, no rexistro de asociacións e clubes da Xunta de Galicia e no Rexistro de Asociacións do concello de Oroso, fomentan e realizan as actividades deportivas dentro e para o ámbito municipal.

* Equipo é aquel grupo de personas que baixo a denominación propia do seu nome forman parte dunha competición deportiva.

* Centros escolares locales son aqueles que están ubicados dentro do termo Municipal.

 

Artigo 4 - Dereitos dos Usuarios

- Dos usuarios en xeral

Tódolos usuarios gozarán dos seguintes dereitos:

4.1) Ser tratados con educación e amabilidade por todo o persoal que realiza traballos no concello e nas súas instalacións.

4.2) Disfrutar, de acordo ás normas de uso establecidas e as tarifas vixentes, de tódolos servicios das instalacións deportivas.

14.3) Facer uso das instalacións nos días e horarios sinalados no programa ou alquiler contratado, se ben, o concello por necesidades de programación ou forza maior anulará ou variará as condicións establecidas, comunicando siempre esta circunstancia ós afectados co tempo suficiente.

4.4) Hacer uso dos servicios e espacios complementarios como vestiarios, aseos, etc. nos termos previstos no presente Regulamento ou no uso interno de cada unha das instalacións.

4.5) Encontrar as instalacións, o mobiliario e o material deportivo en perfectas condicións.

4.6) Presenta-las queixas, suxerencias ou reclamacións que estime convenientes por escrito nas follas dispoñibles en cada instalación ou nas oficinas do concello.

4.7) Poder consultar nas diferentes instalacións o Regulamento Xeral das Instalacións Deportivas Municipais.

- Dos aboados

Ademáis do anteriormente exposto:

-Descontos mediante a presentación do carnet de aboado correspondente á tempada, ós recintos de instalacións Deportivas Municipais dentro dos horarios e nos días en que as mesmas estén abertas ó público, nos termos previstos na correspondente Ordeanza fiscal.

-Prioridade á hora de inscribirse en cursillos e actividades mediante o abono da taxa ou prezo público correspondente.

 

Artigo 5.- Obrigas dos usuarios

5.1) Utilizar as instalacións, material e mobiliario adecuadamente, evitando posibles desperfectos e danos nas instalacións ou á saúde e os dereitos dos outros usuarios, axudando a manter limpa á instalación, utilizando as papeleiras e recipientes hixiénicos colocados nas diversas dependencias da instalación.

5.2) Gardar o debido respeto ós demáis usuarios e o persoal das instalacións, así como atender en todo momento as indicacións do persoal das instalacións deportivas cuxo cometido é supervisar toda actividade que se realice no recinto e nas súas dependencias.

5.3) Acceder á instalación para realiza-la actividade con indumentaria deportiva completa e manter as normas de hixiene, observándose especialmente a necesidade de calzado adecuado para cada pavimento. Esta norma rixe tamén para as actividades a realizar en pistas e instalacións ó aire libre.

5.4) Aboar o precio público ou taxa correspondente ó servicio ou a actividade elexida, dentro das normas que se establezan e que serán anunciadas coa antelación suficiente, polos medios que o concello estime oportunos.

5.5) Presenta-lo carnet, tarxeta ou documento identificativo estipulado para acredita-la sua condición de aboado, non podendo cedelo ou transmiti-lo a un terceiro.

5.6) Cumpri-los horarios estabrecidos nos alquileres das unidades deportivas.

5.7) Abandona-las instalacións unha vez finalizada a actividade na que se participe ou se atope inscrito. O acceso ós vestiarios permitirase 15 minutos antes do horario consignado ó comenzo da actividade no recibo correspondente. A salida será como máximo 15 minutos despóis de finaliza-lo seu horario.

5.8) Calquera usuario que ocasione desperfectos materiáis nas instalacións deportivas municipais será directamente responsable, e terase que facer cargo dos gastos que orixine o desperfecto ocasionado e poderá ser sancionado por vía de apremio.

5.9) Os dereitos de explotación da publicidade estática das instalacións deportivas pertencen ó concello, quen se reserva o exercicio dos mesmos.

5.10) Non fumar nin consumir ou posuir bebidas alcohólicas nas instalacións deportivas.

5.11) Non se permite o acceso á pista de xogo e ós vestiarios de calquera persoa non participante na actividad deportiva. Exceptúase o representante ou familiar dos deportistas ou escolares menores de dezaseis anos, ou con algún tipo de de eiva física ou psíquica.

5.12) Non se autoriza a entrada de animais ás instalacións deportivas agás os cans lazariños, sempre que vaian debidamente identificados.

5.13) Non deixar obxectos fora das taquillas dos vestiarios, así como deixar ocupada con roupa o interior das cabinas individuales, duchas ou calquera outro espacio dos vestiarios. Só se poderá ocupar a taquilla durante a realización da actividade, procedéndose a sua apertura por parte dos traballadores do Servicio ó peche da instalación cada día.

5.14) O concello non se fará responsable ante o usuario en caso de accidentes ou desperfectos derivados do incumprimento por parte de éste das presentes Normas, de un comportamento neglixente de outro usuario ou un mal uso das instalacións, equipamentos e servicios.

5.15) O concello recomenda ós usuarios someterse a un recoñecemento médico previo antes de iniciar calquera actividade programada por este concello, reservándose o dereito de esixi-lo se o estimase convinte.

5.16) O concello non se fará responsable da perda ou furto de prendas ou obxectos que non fosen declarados e depositados na consigna para a sua custodia.

5.17) Todo usuario ou espectador que manifeste un comportamento contrario a normativa desta Ordenanza ou que non respete as persoas ou cousas que se atopen naquel intre na instalación deportiva, será conminado a abandoar a instalación.

 

CAPÍTULO III - ACCESO Ó USO DAS INSTALACIÓNS

 

Artigo 6.- Normas xerais

A utilización dos diferentes espacios deportivos está destinado a actividades organizadas polo propio concello, centros educativos, clubes, federacións, agrupacións, asociacións, entidades e usuarios individuais (aboados ou non).

As formas de acceso ás instalacións deportivas municipais realizaranse en función da actividade e as particularidades de cada instalación. O personal responsable das instalacións, poderá pechalas en calquera momento por razóns de seguridade, climatolóxicas e cando se produzan circunstancias que poidan ocasionar danos físicos a personas e/ou desperfectos ás instalacións. Nestos casos non se terá dereito á devolución do diñeiro pagado por acceder á instalación ou realizar calquera actividade.

Por interés deportivo ou de orden técnico, o concello resérvase a posibilidade de pechar o uso das mesmas, aínda habéndose reservado, avisando de elo coa debida antelación.

A solicitude e o pago do alquiler de calquera unidade deportiva realizarase polos propios interesados, conforme se indique polo concello nos prazos previstos.

A concesión de uso queda supeditada a que a entidade solicitante esté ó corrente no pago polo concepto de utilización de calquera instalación deportiva municipal.

Cando existan máis solicitudes que posibilidade de dispoñibilidade para a concesión de usos, as concesións outorgaranse conforme ós seguintes criterios:

- Orden temporal de solicitudes.

- Que a persoa, entidade, clube ou equipo teña a súa residencia en Oroso.

- Que os equipos solicitantes disputen os seus encontros na instalación.

- Que participen en competicións oficiais federadas.

- As divisións superiores terán preferencia sobre as inferiores.

- Categorías e nivel da competición.

Os cambios de horarios ou unidades deportivas solicitaranse polo menos cinco días hábiles antes da data solicitada, e aceptaránse sempre que o novo horario e instalación estean dispoñibles.

Corresponderá á entidade usuaria solicitar e obter das autoridades competentes, as autorizacións preceptivas esixibles, así como estar en posesión dos preceptivos seguros de accidentes para ditas actividades. De igual forma a entidade usuaria se encargará de realizar todas aquelas labores de montaxe de diversos medios materiais necesarios para o desenrolo da actividade.

O acceso de espectadores e acompañantes estará determinado polas características da actividade e da instalación, sendo a entidade organizadoraeresponsable do comportamento dos mesmos.

A duración dos partidos oficiales estimase en dúas horas, a fin de non entorpecer ni atrasar a outros equipos que utilicen as mesmas instalacións. Se fose necesario máis tempo, será por incrementos de unha hora completa.

 

Artículo 7.- Reservas por parte de centros educativos

Cada ano seguindo a programación deportiva municipal, o concello reservará as horas necesarias para celebrar as actividades que se programen.

Consideraráse horario para actividades extraescolares o comprendido fora das horas dos días laborables lectivos.

A utilización en horarios extraescolares, dependendo do tipo de actividades e as súas características, poderá non estar exenta do pago da taxa correspondente.

As solicitudes dos centros escolares farase do 15 ó 30 de maio de cada ano.

A cesión, en cada caso, virá determinada polas condicións que estableza o concello.

O concello resérvase o dereito de modificar días, horarios, etc., así como de retirar a concesión se fose preciso en función de:

- Novas actividades.

- Celebracións con carácter puntual.

- Por mal uso da instalación.

- Porque as actividades realizadas vaian en detrimento das causas orixinais da cesión.

 

Artigo 8.- Por parte de clubes, federacións, agrupacións, asociacións e entidades

A presentación de solicitudes para entrenamentos durante a tempada deportiva deberá realizarse nas oficinas do concello por escrito dende o día 1 de maio ata o día 30 de xuño de cada ano.

A tempada deportiva enténdese dende o día 1 de septembro ó día 30 de maio do ano seguinte.

Na solicitude deberá constar información sobre o grupo solicitante como dirección, teléfono, responsable, actividade deportiva a desenrolar, categoría, número de usuarios, etc, cedéndose por un periodo mínimo dun trimestre natural.

As concesións outorgaranse de acordo ós criterios que se teñan en conta por técnicos do concello á vista das solicitudes presentadas.

Unha vez aprobado o plan de uso de cada instalación, confirmarase a cada entidade o espacio e o tempo concedido. A partir deste momento tódolos cambios producidos deberán ser comunicados por escrito ó concello con polo menos 5 días de antelación. A concesión de uso dos entrenamentos ou outros alquileres, quedará supeditada ós actos organizados ou autorizados polo concello, non habendo lugar a reclamacións cando por dita circunstancia tivese que suspenderse ou variarse o horario ou algún entrenamento anteriormente autorizado.

O concello resérvase o dereito de chegar a acordos, convenios, etc. con clubes e outras entidades para o mantemento e uso das instalacións deportivas.

 

Artigo 9.- Utilización das instalacións por parte de usuarios individuales (aboados ou non).

En todas aquelas instalacións deportivas que queden libres de entrenamentos, cursos ou competicións, poderanse utilizar previo abono da taxa correspondente, cos mesmos dereitos e obrigas que para o resto de reservas por parte de usuarios individuales.

No caso de reservas de instalacións deportivas suxeitas a desconto por ser aboado, o usuario deberá presentarse na instalación o ticket de reserva e o carnet de abono deportivo que este ó corrente de pago.

 

Capítulo IV - NORMAS DE FUNCIONAMENTO ESPECÍFICAS.

 

Artigo 10.- Piscina

A utilización destas instalacións está destinada á actividade física e esparcimento dos usuarios, así como o aprendizaxe e perfeccionamiento da natación polos mesmos.

A utilización polos centros escolares dentro dos programas marcados a tal efecto e para entrenamento deportivo dos clubes ou asociacións e as competicións que o soliciten, rexiranse de acordo ó estipulado no capítulo III.

O concello non responde dos accidentes que poidan sobrevenir ós usuarios que utilicen a piscina sen coñecementos de natación ou sin gardar a debida prudencia, polo cal, para acceder a unha piscina donde un usuario non faga pe, deberá ter uns coñecementos mínimos de natación. Igualmente se deberá comunicar ó socorrista da piscina por parte do usuario, as posibles enfermidades que poidan padecer e que poida afectar á seguridade do mesmo na auga (enfermedades cardíacas, epilepsias, etc.).

A utilización da piscina será por rúas e en función da programación horaria. Esta anunciarase claramente na entrada das instalacións e na propia piscina.

Programaranse as rúas para cursiños, centros escolares, entrenamentos deportivos, natación de usuarios (nado lento y nado rápido), zona recreativa e baño libre, de tal modo que cada tipo de usuario deberá utilizar as rúas e horarios marcados para un mellor aproveitamento da piscina.

Existirá unha limitación ó acceso de usuarios en función do aforo da instalación, segundo marque a normativa legal vixente.

A utilización dos vasos poderá restrinxirse e incluso prohibirse por cuestións sanitarias, de seguridade ou para ser utilizada para actividades de grupo organizadas ou patrocinadas polo concello.

Se en algún dos seus vasos fose restrinxido o uso debido a actividades programadas, deberán respetarse os espacios destinados a esas actividades.

As nenas e os nenos menores de 6 anos que acudan ós cursos de natación, poderán ser acompañados ó vestuario por unha persona adulta, pero ésta estará obligada a utilizar calzado específico de baño para acceder ós vestiarios.

Normas de obrigado cumprimento

 

ESTÁ PROHIBIDO:

 

- Cambiarse de roupa fora dos vestiarios, sendo obrigatorio a utilización do traxe de baño completo.

- Introducir utensilios para a natación subacuática, como máscaras, aletas e outros obxectos contundentes ou que poidan molestar ós demáis usuarios, sen autorización expresa.

- Os recipientes de vidrio ou porcelana.

- Escupir o derramar líquidos de calquera natureza.

- Correr nas gradas, vestiarios e nas zonas de praia.

- Arroxar ó chan, ou abandoar calquera tipo de desperdicios na instalación.

- O uso de gafas graduadas ou sol na agua. As gafas de natación deberán ter lentes de plástico irrompibles. Non se permite o uso de balóns, colchonetas, etc.

- Executar zambullidas.

- O acceso ou estancia nas zonas de praia con roupa ou calzado de rúa. É obligatorio o uso de zapatillas de baño.

- Facer uso da piscina sen ducharse. Tamén recoméndase facer uso da ducha ó abandoa-lo baño.

- O acceso á piscina sen a utilización do gorro de baño.

- O uso da piscina a aquelas personas sospeitosas de padecer enfermidade infecciosa ou que presenten feridas importantes na pel.

- Poderáse requerir ó usuario que presente o carnet de aboado e o ticket de acceso dentro da instalación.

- Pola praia da piscina circularáse camiñando. Non se permite correr nin dar empuxóns.

- Non se permite á entrada á piscina quedando menos de 30 minutos para a finalización do horario de baño público.

- Recoméndase nas rúas nadar sempre pola dereita e non cruzalas, posto que se pode interrumpi-la actividade de outros usuarios.

 

Artículo 11 - Polideportivo Municipal

Prioridades de utilización

 

- De luns a venres

* De 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 17.00 horas: Utilización prioritaria para o desenrolo das clases obligatorias de educación física por parte de alumnos de CEIP.

* De 14.00 a 15.00 e de 17.00 a 20.30 horas: Prioridade para grupos das escolas deportivas municipais (EDM).

* De 20.30 a 23.00 horas: Prioritariamente a actividades ou competicións organizadas polo concello, equipos e clubes de deporte federado de competición.

- Sábados:

* De 10.00 a 14.00 horas: Prioridade para partidos de competicións de deporte escolares.

* De 16.00 a 20.00 horas: Prioridade para partidos de competicións oficiales do deporte federado.

-Domingos e festivos:

* De 10.00 a 15.00 horas (tardes pechado): Partidos de competicións oficiais do deporte federado.

 

NORMAS DE SOLICITUDE, CONCESIÓN E USO

 

A tempada deportiva enténdese dende o 1 de septembro ó 30 de maio do ano seguinte. A concesión ten un carácter provisional que non pode sobrepasar este periodo.

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 de maio ó 15 de xuño.

Os equipos que entrenen na instalación terán prioridade para xogar os seus partidos en sábado ou domingo.

Os clubes ou equipos con concesión de uso continuado que non aboen o correspondente recibo antes do día 7 do mes seguinte, non poderán seguir utilizando a instalación.

 

Artículo 12.- Gardarroupa, taquillas e vestiarios

O servicio de gardarroupa queda limitado á zona de taquillas. O concello non se responsabiliza dos obxectos ou diñeiro que falten ós usuarios ainda que fosen depositados no servicio de gardarroupía, taquillas ou vestiario con chave.

Do mesmo modo exhortase ós usuarios a acudir ás instalacións deportivas municipais sen obxectos de valor.

O depósito dos obxectos en taquillas, vestiarios e gardarroupa non está respaldado mediante contrato de depósito polo concello, non sendo por tanto responsabilidade déste a custodia dos devanditos efectos.

A utilización de gardarroupas, vestiarios e taquillas por parte dos usuarios, será exclusivamente para a realización da actividade deportiva puntual. Unha vez realizada ésta, quedará libre.

O material que cada equipo esté autorizado a deixar en cada centro deportivo deberá estar recollido en cestas, redes ou bolsas propiedade do clube, non facéndose o concello responsable do mesmo.

 

Capítulo IV - INSCRIPCIÓN A CURSOS

 

13. Cursos organizados polo concello

O concello organiza cursos de diversas actividades físicas e deportivas que se desenrolan ó longo do ano dividido en diferentes períodos.

Todas as persoas que desexen inscribirse nun curso programado deberán presentar a folla de inscripción correctamente cumplimentada no prazo establecido. No caso dos menores de edad, a firmará o pai/nai ou tutor/a.

 

14. Inscripcións

Tódolos cursos para poder ser realizados deberán contar cun mínimo de inscripcións, válidos 10 días antes do comenzo do curso. Se non se alcanzase este número suspenderase o curso e devolverase o diñeiro. Igualmente e para preserva-la calidade das clases, indicarase anualmente o número de alumnos por cada curso.

Ó haber un limite de prazas por curso, a admisión dos alumnos farase por riguroso orden de inscripción.

O alumno quedará inscrito tras satisface-la cota do curso e aparecer nas listas definitivas.

As vacantes que poideran quedar para cada curso cubriranse por riguroso orden de chegada, podendo unha mesma persoa realizar un máximo de tres inscripcións.

 

15. Pago dos cursillos

O precio dos cursillos e actividades deberase aboar en efectivo nas entidades colaboradoras do concello, mediante o correspondente impreso de autoliquidación.

Para que os aboados poidan disfrutar do desconto no precio dos cursos, no momento da inscripción, do pago da cota e do inicio do curso deberán estar ó corrente do pago do seu carné de aboado.

Unha vez realizada a inscripción nalgún cursillo ou actividade non haberá dereito a devolución salvo que o cursillo ou a actividade non se leven a cabo por causas imputables ó propio concello.

As normas técnicas, de inscripción e de pagamento dos cursillos quedarán reflexadas na convocatoria.

 

Capítulo V - ALQUILERES PARA ACTOS OU EVENTOS

 

É obxecto deste capítulo o normaliza-los dereitos, as obrigas e as condicións en que os usuarios poderán utiliza-las instalacións para actividades culturais, espectáculos deportivos extraordinarios ou actividades extradeportivas.

 

16. Solicitudes

Para reserva de data determinada e para a inscripción concreta o procedemento a seguir é o seguinte:

1. Solicitude escrita, para dispoñibilidade da instalación e data, dirixida ó Alcalde-Presidente. Dita solicitude deberá especificar os datos da entidade solicitante (nome, dirección, CIF, representante legal, teléfono, etc.) ou os da persona física ou asociación que realice a solicitude; asímesmo de ter carácter lucrativo o acto se deberá acompañar relación de prezos a cobrar. Deberá figurar inexcusablemente o fin principal do acto.

2. O concello contestará por escrito no prazo máis curto posible á solicitude presentada e reservase a facultade de non cede-las suas instalacións se con elo se perxudicase a unha concesión efectuada con anterioridade.

3. Cunha antelación de ó menos 10 días á celebración do acto concedido, o solicitante deberá:

* Manter unha reunión técnica co responsable da instalación solicitada, cubrindo o impreso de necesidades.

* Presentar a fianza ou aval polos posibles danos ou desperfectos ás instalacións na contía que se lle comunique.

* Paga-la taxa de cesión da instalación se houbese.

* Presentar unha póliza de responsabilidade civil a favor do concello por unha contía que será comunicada no escrito de cesión, así como recibo xustificante se o houbese.

 

17. Obrigas e responsabilidades do organizador

O concello determinará a necesidade de persoal de seguridade, portas e taquillas e a sua ubicación para atención dos servicios de acceso e acomodación de espectadores, que será contratado ó igual que o resto do persoal que interveña directa ou indirectamente na montaxe do acto por conta do organizador.

Será responsabilidade do organizador e pola sua conta, a obtención de cantas licencias e permisos se precisen para a realización do acto, así coma a realización de todalas tareas de montaxe e desmontaxe que requira a actividade.

O solicitante deberá deixa-la instalación en perfectas condicións en canto a limpeza e conservación, respetando ó máximo o horario marcado para deixar libre a mesma.

 

Capítulo VI - RÉXIME DE INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

 

O incumplimento das obrigas que se derivan da condición de usuario ou abonado, poderá levar consigo a perda de tal condición, conforme ó previsto no presente Regulamento.

Tales incumprimentos clasificaranse en leves e graves, segundo se detallan nos artigos seguintes.

 

Artículo 18.- Incumplimientos leves

18.1) Considerarase leve, o incumprimento dalgunhas das obrigas dos usuarios, cando a sua consecuencia non dé lugar á calificación de grave.

18.2) O trato incorrecto a calquer usuario, personal, técnico, etc.

Reglment General de las Instalaciones Deportivas Municipales Pág. 19 de 21

Artículo 19.- Incumplimiento grave

19.1) O incumprimento reiterado de algunhas das obrigas dos usuarios.

19.2) O mal trato grave de palabra ou obra a outros usuarios, espectadores, profesorado, técnicos, xuices ou empregados da instalación.

19.3) Causar danos graves de forma voluntaria á instalación, material ou equipamento das mesmas.

19.4) Orixinar por imprudencia ou neglixencia accidentes graves a sí mismo ou a outras personas.

19.5) O falsear intencionadamente os datos relativos á identidade, idade, estado de saude, etc. e a suplantación de identidade.

19.6) O tráfico ou consumo de drogas nas instalacións.

19.7) A realización de actos deshonestos nas instalacións.

19.8) En xeral, calquera actividade constitutiva de delito ou falta.

19.9) A reincidencia en incumprimentos resoltos como leves.

 

Artículo 20.- Sancións

20.1) Os incumplimentos leves correxiranse con apercibimento por escrito ou a pérda da condición de usuario ou aboado por un período de 5 a 30 días.

20.2) Os incumprimentos graves correxiranse coa perda da condición de usuario ou aboado por un período comprendido entre 30 días e 5 anos, se a gravidade do mesmo o fixera necesario.

 

Artículo 21.- Procedemento

O concelleiro de deportes será a persona encargada de tramita-lo procedemento.

As propostas comunicaranse por escrito ós interesados dándolles 10 días hábiles de audiencia para que éstos poidan efectuar alegacións e presenta-los documentos e informacións que estimen pertinentes.

Unha vez concluido o prazo de audiencia e vistas as alegacións presentadas polo usuario, o Alcalde, como órgano competente poderá resolve-lo que proceda, previo informe do encargado das instalacións. Unha vez que resolva o Presidente, notificarase ó afectado, dentro do prazo que lle confire a lexislación administrativa.

Contra os acordos adoptados, poderán interpoñerse os recursos que se estimen oportunos, de conformidade coa Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Non obstante, no caso de que o usuario actúe de forma notoriamente contraria ó presente Regulamento, o persoal da instalación está autorizado para esixirlle o abandono da mesma, ou requerir a presencia das forzas de seguridade, se a gravidade así o esixise, sen perxuicio das posteriores accións aplicables ó caso.

 

DISPOSICIÓN DEROGATORIA

 

Quedan derogadas cantas normas existentes sobre esta materia con anterioridade a presente estivesen en vigor.

 

DISPOSICIÓN FINAL

 

O presente Regulamento entrará en vigor unha vez publicado íntegramente no Boletín Oficial da Provincia trala súa aprobación definitiva, e seguirá en vigor ata a súa derogación expresa ou sustitución por outra norma.