Pleno do 26 de novembro de 2015.
Orde do Día
-
I. PARTE RESOLUTORIA
- Aprobación de actas do Pleno do Concello
- Acta da sesión ordinaria que tivo lugar o 24/09/2015, Acta 2015/11.
- Acta da sesión extraordinaria que tivo lugar o 13/11/2015, Acta 2015/12.
- Aprobar provisionalmente a modificicación puntual nº5 (Enlace AP-9) do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de oroso resolvendo as alegacións presentadas no novo período de exposición pública.
- Aprobar a Conta Xeral correspondente ao exercicio económico 2014.
- Aprobar a modificación dun sistema local de equipamento educativo a un sistema local de equipamento socio-cultural existente no núcleo da Igrexa.
- Aprobar a concesión dunha bonificación fiscal do ICIO para as obras de construcción dunha Escola Infantil en Oroso.
- Aprobar inicialmente a supresión dunha servidume de paso inscrita sobre unha parcela de titularidade municipal denominada Escola de Oroso-Igrexa no lugar de Campo de Cabanas e recollida no inventario Municipal co número INM60048 así como a súa afectación a uso socio-cultural.
- Aprobar a mutación demanial do ben que figura no inventario municipal como INM60114 de terreo de depósito de auga a terreo destinado a actividade socio-cultural.
- Aprobar o deslinde efectuado na finca ubicada onde chaman Castiñeira, parroquia de San Mamede dos Anxeles, antiga Escola de Cachopal.
- Aprobar a rectificación anual do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Oroso para o exercicio 2015.
- Aprobar o regulamento de funicionamento e uso do punto limpo do Concello de Oroso.
- Aprobar a denominación de diversas vías do Concello de Oroso.
- Toma de coñecemento das resolucións da Alcaldía ditadas que van desde a nº886/2015 do 21/09/2015 ata a nº1103/2015 do 20/11/2015.
- Toma de coñecemento dos reparos de legalidade emitidos pola Intervención Municipal entre o 21/09/2015 e o 20/11/2015.
- Mocións dos grupos municipais.
- Rogos e preguntas.
II. PARTE DE CONTROL