subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

V CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE OROSO.









O Concello de Oroso organiza o sábado 29 de abril a súa quinta carreira popular pedestre nun circuito urbano e rural e con probas para todas as categorías. As probas darán comenzo as 17:30 horas e estarán baixo o control técnico do Comite Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

Regulamento

  1. As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
  2. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
  3. A inscrición da proba absoluta (de junior-promesa a veteráns) poderá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite: mércores 26 de abril ás 14:00 horas.
    A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 26 de abril ás 23:59 horas).

    PREZOS DA INSCRICION
    CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
    PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 5€ por participante

    * O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.
    Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.
  4. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada no Centro Cultural a carón da SAIDA das probas e fronte a Casa do Concello o sábado 29 de abril de 10:30 a 14:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo en xornada de mañán). En xornada de tarde haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.
  5. PREMIOS
    Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados da proba junior–promesa, senior e veteranos masculino e feminino.
    Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas todos os participantes, non haberá trofeos para esta categoría.
    Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
  6. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
  7. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.
  8. Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
  9. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
  10. O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.
  11. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
Categorias e Horarios

CATEGORIA

ANO DE NACEMENTO

HORA

DISTANCIAS

Junior-Promesa

1995-1996-1997-1998-1999

17:30 h

10000 m

Senior

1994 ata veteranos

17:30 h

10000 m

Veterano A masculino

Nados entre 1982 e 1972

17:30 h

10000 m

Veterano B masculino

Nados entre 1972 e 1962

17:30 h

10000 m

Veterano C masculino

Nados no 1961 e anteriores

17:30 h

10000 m

Veterana D feminino

Nados entre 1982 e 1967

17:30 h

10000 m

Veterana E feminino

Nados no 1966 e anteriores

17:30 h

10000 m

Pitufo

Nados en 2012 e posteriores

18:30 h

300 m

Prebenxamín

2010-2011

18:40 h

300 m

Benxamín

2008-2009

18:50 h

1000 m

Alevín

2006-2007

19:00 h

2000 m

Infantil

2004-2005

19:15 h

2000 m

Cadete

2002-2003

19:30 h

3000 m

Xuvenil

2000-2001

19:45 h

3000 m

ENTREGA DE PREMIOS AS 20:30 HORAS