5ª Edición da Festa da Malla - Oroso 2010.
Programa de Eventos
SÁBADO 31 DE XULLO
SEGA DO TRIGO
- A partir das 5 da tarde
- Na parroquia de Trasmonte, preto da escola de Castro
Despois de facer os medeiros, haberá merenda campestre.
SÁBADO 21 DE AGOSTO
FESTA DA MALLA TRIGO (Paseo Carboeiro - Sigüeiro)
- 10:00 Faremos a Meda
- 11:30 Elaboración do Pan
- 12:00 Comezará a Malla, limpeza do trigo e feitura do palleiro
- 14:30 Xantar tradicional. Os asistentes poderán mercar a cazola e a taza onde se servirán os callos e o viño
- 16:30 Continuación da Malla, da festa e da diversión
Durante toda a xornada haberá xogos tradicionais, exposición de apeiros de labranza, servizo de bar e contaremos coas actuacións de BUXOS VERDES e BANDA DE MÚSICA DE ORDES.
PRÉGASE A PARTICIPACIÓN VECIÑAL PARA A SEGA E A MALLA.