subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Voluntariado Oroso.


Voluntariado Oroso

QUE É O VOLUNTARIADO?
O voluntariado é o conxunto de actividades desenvolvidas en áreas de interese xeral sempre que:

  • Teñan carácter solidario e altruista
  • Se realicen libremente
  • Se leven a cabo sen contraprestación material
  • Se desenvolvan a través dunha organización, pública ou privada, sen ánimo de lucro e dacordo con proxectos concretos

COMO ESTA REGULADO?
En Galicia, a acción voluntaria está regulada pola Lei 3/2000 de 22 de decembro, do Voluntariado de Galicia.

QUEN PODE SER VOLUNTARIO/A?
Calquera persoa maior de idade (ou maior de 16 anos con autorización paterna) que, en virtude dunha decisión libre e altruista decida participar nunha actividade voluntaria no seo dunha entidade, sen recibir una contraprestación material a cambio.

ENTRE OS TEUS DEREITOS

  • Recibir información, formación, orientación e apoio para as actividades que vas desenvolver
  • Estar asegurado/a contra riscos de accidentes e doenzas derivados do desempeño da actividade
  • A ser dotado de medios e recursos axeitado para o cumprimento das túas función
  • A cesar libremente na túa condición de persoa voluntaria
  • A que se certifique a túa actividade de persoa voluntaria con constancia dos teus datos persoais e a duración e natureza da actividade desenvolvida.
  • A túa acreditación persoal mediante un carné de voluntario

ENTRE OS TEUS DEBERES

  • Cumprir os compromisos adquiridos coa organización e respectar os fins e as normativas da mesma, así como gardar confidencialidade da información recibida.
  • Participar nas tareas formativas previstas
  • Respectar os dereitos das persoas beneficiarias e actuar de maneira dilixente e solidaria

EN QUE PODES COLABORAR?
No Concello de Oroso, podes colaborar , entre outros, nos seguintes proxectos e actividades:

  • VOLUNTARIADO CÍVICO: Entrada/saída do colexio, coidado do mobiliario urbán,...
  • APOIO ÁS PERSOAS MAIORES E DEPENDENTES: Acompañamento, xestións, recados, ...
  • VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL: Recuperación e mantemento dos espazos naturais, roteiros, Camiño de Santiago...
  • SOLIDARIEDADE SOCIAL: Roupeiro social, recollida de xoguetes, ...
  • VOLUNTARIADO CULTURAL E DEPORTIVO: Apoio en actividades como exposicións, eventos deportivos, obradoiros, ...
  • INFANCIA E XUVENTUDE: obradoiros, actividades, ...
  • INMIGRANTES: Axuda á integración, trámites, campañas de sensibilización, ...
  • PERSOAS CON DISCAPACIDADE: Acompañamento, axuda, ...



SÓ NECESITAS UN POUCO DE TEMPO E MOITAS GANAS DE AXUDAR AOS DEMAIS. INTÉNTAO, VERÁS COMO TE SINTES RECOMPENSADO/A