Comedor Escolar CEIP Camiño Inglés.
Dende o departamento ensino do Concello de Oroso queremos mellorar e optimizar o servizo de Comedor Escolar no CEIP Camiño Inglés, o obxectivo é darlle continuidade para o próximo curso escolar 2023/24.
Para os que xa estades utilizando o servizo, a continuación explicamosvos como serían os pasos a seguir para matricular o/a voso/a fillo/a para o vindeiro curso:
- Prazo Renovación: Do 12 ao 23 de xuño de 2023
- Novas matrículas: Do 26 de xuño ao 7 de xullo de 2023
- Publicación listaxe admitidas: 21 xullo
- Matrícula (folla de inscrición)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- 1 fotografía tamaño carné
- Carta domiciliación (as mensualidades serán cobradas polo Concello de Oroso mediante domiciliación bancaria)
- Xustificante de pago da matrícula. O pago realizaranse a través da páxina web: www.concellooroso.com no apartado de tributos on line, é imprimindo o resgardo de pagamento para adxuntalo coa folla de matrícula
- Certificado ou informe médico se o/a usuario/a padece algunha enfermidade, intolerancia, alerxia a ter enconta pola empresa encargada do servizo de comedor
- Documentación acreditativa de ser familia numerosa se é o caso
- Fotocopia dos DNI dos progenitores ou tutores así como das persoas autorizadas
- O importe da matrícula é de 20€ e non é reembolsable (só novas solicitudes, renovacións exento)
- O importe da mensualidade será de 55€.
- O importe para os días soltos será de 5€/dia.
- Aplicaranse os descontos nas familias numerosas unicamente nas mensualidades
- Máis información e recollida de documentación no Departamento de Servizos Sociais
- Esta documentación deberá presentarse no rexistro municipal do Concello de Oroso nos prazos sinalados ou na Sede electrónica
- No caso das matrículas novas se o curso estivese empezado hai que formalizar a matrícula 3 días antes do comezo no servizo de comedor para poder facer os trámites oportunos