subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".


Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” do Entroido Oroso 2018 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas, en memoria USB ou enviar por email a cultura@oroso.gal. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante, sendo premiada únicamente unha delas.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o mércores 7 de febreiro de 2018, antes das 14:00h. O día 8 de febreiro o prato deberá entregarse cociñado no centro cultural de 9 a 14 ou de 17 a 18h.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, en memoria USB ou no mail cultura@oroso.gal, e noutro documento o título da receita cos datos persoais do/a autor/a.

OITAVA:

O día 10 de febreiro, arredor das 19.30h, terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, realizarase a entrega durante o concurso de disfraces.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do termo municipal de Oroso
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.