subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiros municipais de maiores. (2017-2018).


Dende a Concellaría de Réxime interior, Persoal, Turismo, Atención os maiores, Comunicación, Protocolo e Coordinación a través do departamento dos Servizos Sociais póñense en marcha os seguintes obradoiros municipais.



Documentación a entregar

  1. Fotocopia do DNI
  2. Informe médico segundo modelo para as actividades de ximnasia, musica e movemento e tai-chi (para cubrir polo médico de cabeceira)
  3. Solicitude


Requisitos das persoas destinatarias

  • Ter 60 ou máis anos.
  • Estar empadroado/a no Concello de Oroso.
  • Non estar afectado/a por enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Que a actividade a desenvolver sexa compatible co estado de saúde e a situación sanitaria do/da solicitante.

Criterios e condicións requeridas na selección das persoas usuarias no caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñibles

  • Preferencia das persoas que nunca participaron na actividade en anos anteriores.
  • Maior preferencia canto menor sexa o número de actividades nas que conste inscrita.
  • En iguais condicións preferencia das persoas con maior idade..
  • En iguais condicións preferencia daquelas persoas que polo seu estado de saúde se aconselle por prescrición médica a participación na actividade.
  • En iguais condicións preferencia das persoas que vivan soas ou sen rede de apoio familiar e social.


Prazo de inscrición

Ata o 4 de outubro de 2017.

Lugar de inscrición

LUNS, MARTES, MERCORES E VENRES.
No Departamento de Servizos Sociais de 9:30 a 13:30 h.
Rúa do Deporte nº 9-baixo
Teléfono: 981 688 950

MARTES
No Departamento de Animación social de 9:30 a 13:30 h.
Rúa da Cultura nº1
Teléfono 981 690 903