subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Abre os ollos. Taller de prevención da violencia de xénero.


ABRE OS OLLOS

Sabemos que a erradicación da violencia de xénero é unha difícil tarefa na que, ademais de sensibilizar á sociedade é imprescindible a intervención multidisciplinar dos distintos estamentos sociais, sempre tendo en conta a voz da vítima.

¿Como saber se necesito axuda?

Dubidas do teu propio xuicio ou pregúntaste se estás tola.
Temes á túa parella e expresas as túas opinións con menor frecuencia, e menor liberdade.
Tes medo dos demais, e tendes a velos de maneira menos habitual.
Tómaste o teu tempo para avaliar coidadosamente os estados de ánimo da túa parella antes de tratar un tema.
Tes que ter moito coidado cando estás con outra xente, e tendes a estar supervixiante durante a súa presenza.
Pides permiso para gastar cartos, asistir a clases, ou para saír.
Perdeches moita confianza nas túas habilidades, vólveste depresiva, sínteste presa e impotente.
Descobres que ós teus fillos lles está afectando negativamente o abuso. Por exemplo, aíllanse, vólvense agresivos, teñen pesadelos, etc

¿Como podo enfrontarme a isto?

Se non estás segura de estar sendo maltratada, fálao con amigos ou familiares que consideres que son de axuda emocional e en quen confíes plenamente.
Recorda que posiblemente te sintes dependente do abusador, pode que te incomoden e tendas a perder confianza nas persoas que intentan axudarche.
Recórdate a ti mesma que tes dereito a unha vida libre de abuso.
Intenta darte mensaxes positivos, que che dean forza, como por exemplo “son unha boa persoa, e merezo ser tratada como tal”.
Participa en actividades coas que poidas disfrutar, que te animen e fortalezan.
Cuestiónate a ti mesma que lle dirías a unha amiga que pasase pola mesma situación.
Se dependes da economía do teu agresor, intenta atopar un traballo. Poida que incluso debas considerar crear unha conta bancaria por separado e aforrar cartos por se o abuso medra máis.
Sempre ten preparado números de teléfono e cartos aforrados por se tes que marchar de súpeto.

Se se produce unha agresión, ¿Qué facemos? ¿A onde acudimos?