subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca á veciñanza a un minuto de silencio este martes 14 de xuño polos asasinatos cometidos en Orlando.


 

O Concello de Oroso manifesta a súa consternación polos asasinatos acontecidos na cidade de Orlando e convoca aos seus veciños e veciñas este martes 14 de xuño, ás 12:00 horas, a gardar un minuto de silencio diante da Casa do Concello como mostra de apoio ás vítimas e aos seus familiares e amigos. O Concello de Oroso súmase así ao requerimento realizado pola Federación Española de Municipios e Provincias para poñer de manifesto o seu máis profundo rexeitamento a barbaries coma a acontecida en Orlando, que non fai máis ca demostrar os riscos que a intolerancia acarrea para a convivencia pacífica das persoas.