subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso celebra mañá xoves ás 9:30 horas a súa sesión plenaria ordinaria de setembro.


 

O Concello de Oroso celebrará mañá xoves 29 de setembro, ás 9:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria de acordo coa seguinte Orde do Día:

1. Aprobación de actas do Pleno do Concello.
2. Aprobar inicialmente a modificación do regulamento de réxime interno da escola infantil “A Ulloa”
3. Aprobar a recuperación da titularidade da parcela 8-2 da AR-Sector nº1 polígono 1 cedida gratuitamente á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo para a construción dun albergue de peregrinos.
4. Toma de coñecemento das resolucións da Alcaldía ditadas que van desde a nº613/2016 do 20/07 ata o 819/2016 do 25/09.
5. Toma de coñecemento dos reparos de legalidade emitidos pola Intervención Municipal entre o 20/07/2016 ata o 25/09/2016.
6. Mocións dos Grupos municipais.
7. Rogos e preguntas.