subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca unha praza de administrativo no marco do 'Plan Oroso Dixital 2018-2020'.


 

O Concello de Oroso con data de 10 de abril deste ano, mediante resolución nº 359/2017 procedeu a aprobar o PLAN OROSO DIXITAL 2018-2020 que pretende a consecución de diversos obxectivos en orde á definitiva implantación e difusión da Administración Electrónica no Concello de Oroso, fixando como horizonte temporal o ano 2020 para acadar a totalidade de obxectivos fixados no citado Plan de xeito que coincida no tempo co Plan de acción de administración electrónica 2016-2020 aprobado pola Comisión Europea o 19 de abril de 2016, co Plan Nacional de Territorios intelixentes aprobado polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital e co Plan de Administración e Goberno Dixitais Horizonte 2020 da Xunta de Galicia.

Entre os obxectivos principais deste Plan municipal de acción Oroso dixital 2018- 2020 a conseguir se atopan entre outros:
· Interoperabilidade de datos e documentos con outras administracións.
· Xestión interna 100% electrónica.
· Contratación 100% electrónica.

A necesidade dos citados obxectivos requiren de contar con persoal que poida dedicarse de xeito específico a tales tarefas e que permita avanzar na consecución de tales obxectivos. As limitacións á incorporación de novo persoal impostas polas sucesivas Leis de orzamentos xerais do Estado, ven provocando no Concello un problema de efectivos especialmente apreciable nos Departamentos de Secretaría e Intervención do Concello, como consecuencia da aprobación de sucesivas normas que teñen incrementado as obrigas que afectan a estes dous departamentos. Así por un lado se teñen incrementado nos derradeiros anos as obrigas en materia de rendición de información constante e periódica ao Ministerio de Facenda esixidos pola Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigacións de subministración de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira, xunto coa obriga de xestionar un rexistro electrónico de facturas recollido na Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público.

A esta situación debe engadirse a publicación e entrada en vigor da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, que entraron en vigor o día 2 de outubro de 2016 salvo determinadas disposicións que entrarán en vigor o 2 de outubro de 2018, e que obriga a tramitación íntegra de expedientes en formato dixital, xunto coa necesaria interoperabilidade entre Administracións, a necesidade de que se incorpore e se poña en funcionamento un rexistro electrónico único, un rexistro de funcionarios habilitados, un arquivo electrónico, e a obriga de que determinados suxeitos se relacionen exclusivamente de xeito electrónico co Concello entre outras obrigas. Tal situación ten aumentado o traballo de dependencias tales como rexistro, contratación, secretaría ou intervención.

A posta en funcionamento da plataforma de tramitación municipal de expedientes (TEDEC) igualmente supuxo un aumento importante da carga de traballo en Secretaría na medida en que supuxo ter que canalizar todo o fluxo de decretos de todo o Concello a través do Secretario da Corporación.

A entrada en vigor do Real Decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional supuxo un novo incremento de funcións tanto para o Interventor como especialmente para o Secretario do Concello.

A situación vese agravada aínda mais coa entrada en vigor da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Públicos, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, que establece de forma definitiva a necesidade de levar a cabo de xeito íntegro todas as licitacións de xeito electrónico, o cal suporá de novo por un lado un aumento de traballo e adaptación a novas ferramentas electrónicas por parte do persoal municipal e por outro lado un importante cambio para os contratistas que se presenten ás vindeiras licitacións convocadas polo Concello de Oroso.

Ante esta situación queda acreditado que ante a xa escaseza de medios cos que conta o Concello de Oroso e a importante carga de traballo que se ten multiplicado moitísimo nos derradeiros dous ou tres anos, a fin de poder implantar e conseguir os obxectivos fixados no Plan Oroso dixital 2018 – 2020 necesítase do reforzamento do persoal a fin de que poida impulsar o citado Plan de acción municipal.

Tendo en conta que o artigo 19.dous da Lei 3/2017, de 27 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017 que actualmente debe entenderse prorrogada para o exercicio 2018 ata a aprobación dunha nova para este exercicio, establece que “non se poderá proceder á contratación de persoal temporal, así como ao nomeamento de persoal estatutario temporal e de funcionarios interinos excepto os casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables” e considerando que neste caso está plenamente xustificado dito carácter excepcional e a necesidade urxente e inaprazable na necesidade de poñer en marcha o Plan Oroso Dixital 2018 – 2020 dando así completo cumprimento as obrigas que en materia de tramitación, transmisión de datos, e contratación electrónica teñen imposto as sucesivas leis a este Concello.

Considerando que a implantación do Plan Oroso Dixital 2018 – 2020 se adapta a tales previsións legais, non tendo unha duración prevista superior a tres anos, dado que remataría a súa implantación o 31 de decembro de 2020 salvo que de forma xustificada se acorde unha prórroga de dito plan que en ningún caso podería superar o ano de duración. E sendo necesario reforzar o persoal para a implantación de tal Plan, sobre todo no ámbito da implementación da contratación municipal que debe levarse a cabo de xeito electrónico.

Igualmente é obxecto da presente convocatoria a creación dunha bolsa de emprego para proceder á provisión temporal de prazas mediante o nomeamento de funcionarios interinos da Escala de Administración Xeral, subescala administrativa, polos motivos sinalados no artigo 10. 1 b) c) e d) ddo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do estatuto básico do empregado público e artigo 23.2 b) c) e d) da lei 2/2015 do emprego público de Galicia, é dicir, para a substitución temporal dos titulares ou eventualmente dos seus substitutos, en tanto en canto non se reincorporen á súa praza, a execución de programas de carácter temporal e o exceso ou acumulación de tarefas por un prazo máximo de seis meses, dentro dun período de doce meses. Logo de ver os informes favorables de Secretaría e Intervención. Tendo en conta as competencias que me atribúe o artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local pola presente RESOLVO: PRIMEIRO: Aprobar as bases que rexerán a convocatoria para a selección dun funcionario interino do Grupo C, subgrupo C1, Escala de Administración Xeral, Subescala de Administrativo para o programa temporal “Oroso Dixital 2018 – 2020” para servir de apoio os servizos xerais especialmente en materia de contratación na implantación do citado programa, así como a creación dunha bolsa de emprego nos termos contidos nas presentes bases ACCEDER A CONVOCATORIA