subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso aproba unha modificación puntual do PXOM para eliminar a zona de saturación de ruidos e revitalizar a activiade económica.


No ano 2019, serán festivos locais o martes de Entroido e o 16 de setembro, día de Santa Eufemia.

O pleno do Concello de Oroso aprobou a eliminación da zona saturada de ruidos no municipio para impulsar a posta en marcha de novos negocios, como comercios e restaurantes.

En concreto, o pleno aprobou provisionalmente unha modificación puntual do PXOM para posibilitar un cambio nas ordenanzas municipais. “A zona saturada de ruidos a puxemos en marcha no ano 2005 por un problema que tiñamos cos pubs e discotecas, pero agora ese problema está solucionado”, sostén o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

O grupo de goberno espera que esta modificación de ordenanzas sirva para revitalizar económicamente Oroso como concello emprendedor Doing Business Galicia, recoñecemento outorgado recentemente.

Por outra parte, na sesión de hoxe aprobouse que os festivos locais no ano 2019 serán o martes de Entroido, unha festa con gran tradición no concello, e o día 16 de setembro, Santa Eufemia.

Ademais destes temas, o pleno do Concello de Oroso aprobou a modificación do proxecto de acondicionamento parcial da casa consistorial incluído no PAI 2016 (afecta ao salón de plenos), así como a aprobación definitiva do nomeamento de José Miguel Couselo Sánchez como fillo predilecto.