subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso mellora os accesos e renova a rede de saneamento da urbanización Porto Avieira.


O investimento dos traballos é de 156.505 euros.

orosoO Concello de Oroso iniciou diferentes traballos para mellorar o asfaltado e os accesos á urbanización Porto Avieira, ademais de renovar a súa rede de saneamento.

En concreto, comezaron os traballos de renovación da rede de saneamento na rúa Celso Emilio Ferreiro, ademáis de obras de asfaltado na rúa María Casares, unha das arterias de acceso á urbanización Porto Avieira. Haberá unha nova capa de rodadura e bituminosa.

O investimento en ambos traballos será de 156.505 euros. “Cada ano levamos a cabo obras de mellora en todo o municipio, atendendo as demandas veciñais”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Os traballos de asfaltado e aglomerado continuarán nos próximos meses, “xa que é un proceso constante que nunca remata, temos que renovar as vías de comunicación para mellorar a vida dos nosos veciños e a súa seguridade viaria”, engade Mirás.

O Concello de Oroso ten un orzamento municipal para o ano 2018 de 6.867.713 euros, dos que destina o 28% a novos investimentos e infraestruturas (1.923.189 euros).