subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Superávit e remanente de tesourería


orosoO Concello de Oroso pechou o ano 2018 con superávit e un remanente de tesourería de 1.340.852,16 euros. Dese remanente, o concello destinará 591.367,14 euros a diferentes obras e melloras, como os traballos para a posta en marcha do novo auditorio, a pavimentación de rúas e camiños en Sigüeiro e nas parroquias, e a renovación de parte do alumeado público.

“Queremos investir tamén o resto, 749.485 euros, pero para iso todos os concellos necesitamos a autorización do Goberno central, unha demanda que lle fixo chegar a Federación Española de Municipios e Provincias(FEMP)”, asegura o alcalde de Oroso, Mirás Franqueira Manolo. “Se temos permiso, todo o remanente será para obras demandadas polos veciños”, sostén. oroso