Representantes do Ministerio de Fomento visitan Oroso e confirman que as obras da nova glorieta da praza da Foca comezarán a curto prazo
O Concello de Oroso recibiu a visita de Eduardo Toba, representante do Ministerio de Fomento, para visitar sobre o terreo a ubicación onde a curto prazo se comezará a construír a nova glorieta na praza da Foca.
As obras suporán unha importante mellora na desconxestión do tráfico na estrada N-550 o seu paso por Sigüeiro. Eduardo Toba e o director de obra informaron o alcalde, Manuel Mirás, e aos membros do equipo de goberno do bo ritmo que seguen os trámites da obra, xa adxudicada provisionalmente e que se prevé que comece nun prazo máximo de dous meses e medio.
Ademais, Fomento encargarase do traslado da Fonte da Foca o seu lugar de orixe, onde xa estivo orixinariamente.
Tamén se tratou o adecentamento da ponte de Sigüeiro, onde se substituirá a bionda existente por outra máis moderna, se restaurará a barandilla e tamén sufrirán unha remodelación as beirarrúas, adaptándoas aos requerimentos do Consello Asesor do Camiño de Santiago, dependente de Patrimonio. Esta actuación reforzará a seguridade dos peóns e dos peregrinos.