subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Melloras nas infraestruturas


orosoO Concello de Oroso rematou esta semana a instalación dunha nova marquesiña de transporte público na parroquia de Oroso, na zona de Mariñaos. Nos últimos meses, o concello instalou diferentes marquesiñas, tanto no centro como nas parroquias, o que mellora os servizos básicos municipais e serve para humanizar a contorna.

As concelleiras Beatriz Rodeiro e Isabel Fernández visitaron a marquesiña, xunto ao alcalde, Manuel Mirás, e coincidiron en sinalar que as actuacións de mellora nas infraestruturas municipais continuarán nas próximas semanas.

oroso Os traballos de mantenemento e posta en marcha de novos servizos para mellorar a vida dos veciños e veciñas é unha prioridade para o Concello de Oroso.