Novas medidas no Concello de Oroso polo coronavirus
O Concello de Oroso amplía as medidas derivadas da actual situación, tendo en conta as recomendacións da Fegamp e os decretos do goberno e da alcaldía.
1.- A comunicación co concello deberá facerse preferiblemente de xeito telemático ou telefónico de 09.00 a 14.00 horas.
2.- A oficina de asistencia en materia de rexistro permanecerá aberta de 09:00 a 12:00 horas, atendido en quendas e só para tramites urxentes e imprescindibles. As persoas deberán respectar todas as medidas de seguridade e hixiene.
3.- Os servizos municipais que non poidan teletraballar funcionarán preferentemente a porta pechada.
4.- Quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais, agás os convocados de forma extraordinaria antes da entrada en vigor dos decretos, que se celebrarán a porta pechada.
Aquí tes a información ampliada do decreto de alcaldía