subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Cocnello de Oroso agradece a colaboración veciñal e lembra as medidas postas en marcha


orosoO Concello de Oroso agradece a colaboración veciñal na actual situación derivada do coronavirus, lembrando a necesidade de permanecer en casa excepto nos supostos previstos polas autoridades.

O Concello de Oroso habilitou un servizo para as persoas maiores, aquelas que vivan soas ou se atopen en situación de vulnerabilidade e non conten con apoio familiar ou social, dentro das medidas extraordinarias tomadas pola crise do Covid-19. Con este servizo, o concello entregará comida ou medicamentos ás persoas que o demanden, así como atender outras necesidades. Os números de teléfono aos que poden chamar son:

-981 688 950, de Servizos Sociais do Concello de Oroso.
-698 169 443, de Protección Civil de Oroso.
-638 050 451, de Alcaldía.


A Comisión Municipal para o seguimento do COVID 19 está en marcha desde o pasado venres, 13 de marzo, e as súas funcións delegadas na xunta de goberno local, como así lle trasladou o concello á Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta.

A comunicación co concello deberá facerse preferiblemente de xeito telemático ou telefónico de 09.00 a 14.00 horas. A oficina de asistencia en materia de rexistro permanecerá aberta de 09:00 a 12:00 horas, atendido en quendas e só para tramites urxentes e imprescindibles.

Outros teléfonos de interese para estes días:

-Concello de Oroso (981 691 478)
-Policía Local (981 691 680)
-Servizos Sociais (981 688 950)
-Protección Civil (698 169 443)
-Centro de Saúde (981 694 731)
-Garda Civil (981 691 381)


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!