subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso continúa coas labores de limpeza e mantén operativos os servizos municipais


orosoO Concello de Oroso continúa coas labores de limpeza e desinfección dos espazos públicos que comezaron o día 17, presentando unha especial atención ás proximidades do centro de saúde, farmacias ou supermercados.

O concello está en contacto permanente coas autoridades sanitarias. Nas últimas horas, confirmouse un caso positivo de coronavirus e desde o Concello de Oroso afirman que non teñen coñecemento doutros casos no municipio, polo que piden tranquilidade e responsabilidade aos veciños e veciñas, solicitándolle que cumpran as recomendacións e permanezan na súa casa o maior tempo posible.

O concello agradece o traballo do persoal municipal, servizos de limpeza, vías e obras, Protección Civil e forzas de seguridade, e lembra que os servizos municipais están operativos.

A comunicación co concello deberá facerse preferiblemente de xeito telemático ou telefónico de 09.00 a 14.00 horas. A oficina de asistencia en materia de rexistro permanecerá aberta de 09:00 a 12:00 horas, atendido en quendas e só para tramites urxentes e imprescindibles.

O Concello de Oroso habilitou a semana pasada un servizo para as persoas maiores, aquelas que vivan soas ou se atopen en situación de vulnerabilidade e non conten con apoio familiar ou social, dentro das medidas extraordinarias tomadas pola crise do COVID-19. Os números de teléfono aos que poden chamar son:
-981 688 950, de Servizos Sociais do Concello de Oroso.
-698 169 443, de Protección Civil de Oroso.
-638 050 451, de Alcaldía.

Este venres, haberá unha nova reunión da Comisión Municipal de Seguimento do COVID 19 no Concello de Oroso, coa presenza de todos os grupos políticos da corporación, para avaliar as medidas adoptadas.

Grazas pola vosa colaboración!