subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reunión da Comisión Municipal de Seguimento do Covid-19 no Concello de Oroso


orosoNo día de hoxe, celebrouse a segunda xuntanza cos grupos da oposición, na que todos os grupos políticos representados no concello expresaron a solidaridade e apoio a toda a veciñanza de Oroso.

Posteriormente, o alcalde, Manuel Mirás, deu conta das medidas e traballos que se están levando a cabo por parte do Concello de Oroso, valorando moi positivamente o traballo que está a realizar a Policía Local, Protección Civil e a brigada de obras.

Tamén, como non pode ser doutra maneira, agradeceu o esforzo de todo o persoal sanitario, Garda Civil, Policía Nacional e Autonómica.

Por outro lado, transmitiu un chamamento a toda a veciñanza de responsabilidade e colaboración, quedándose na casa ante o estado de alarma sanitario que estamos a vivir.

Tamén se informou nesta xuntanza da SUSPENSIÓN DA FESTA DOS MAIORES, do APRAZAMENTO DA FESTA DA TROITA (se esta crise o permite intentarémola facer en agosto) e do APRAZAMENTO DA FESTA DA XUVENTUDE para o mes de outubro.

Todos os grupos políticos coincidiron na necesidade de poder manter estas dúas festas, como medida de apoio ao comercio e a hostalería en xeral, que son unha das actividades que máis o está padecendo.

Grazas pola vosa colaboracion!