subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

No Concello de Oroso seguimos a traballar para facer fronte á Covid 19


orosoO Concello de Oroso continúa cos labores de limpeza e desinfección dos espazos públicos que comezaron o día 17 de marzo en todo o municipio, así como coa desinfección diaria do centro de saúde. Esta tarde haberá traballos na urbanización Porto Avieira.

Por outra parte, o persoal de Protección Civil reparte no día de hoxe mascarillas nos negocios e actividades esenciais do municipio.

Estamos esperando no concello un pedido de 1.300 mascarillas de alta protección. En canto cheguen, comezará o reparto entre as persoas maiores de 60 anos e os grupos de risco.

A este pedido, adquirido directamente polo concello, engadiremos as que envíe a Xunta para facelas chegar en primeiro lugar a todos os colectivos vulnerables de Oroso.

O concello tramita outro pedido grande de mascarillas e está en fase de atopar un proveedor que as achegue nun periodo de tempo prudencial. Queremos telas canto antes como medida cautelar, por si fose necesario o seu uso polo conxunto da cidadanía.

Para facer unha previsión sobre a necesidade de mascarillas, podedes chamar ao número de teléfono 667 830171