subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Coronavirus: Información do Concello de Oroso


orosoDurante estes días de Semana Santa, o Concello de Oroso continuará co reparto de mascarillas ás personas maiores o os colectivos mais vulnerables. O reparto seguirá ata o remate das existencias e continuará o luns, unha vez que recibamos novo material.

Continuamos tamén co acceso gratuíto a clases online (mediante a aplicación ZOOM). Ditas clases van dirixidas especialmente aos usuarios das actividades municipais canceladas, pero tamén se pode anotar calquera veciño de Oroso, previa solicitude mediante correo electrónico á dirección deportes@oroso.gal.

Reforzamos as clases de ximnasia. Estas clases son implementadas mediante vídeos que se están colgando no Facebook do concello, uns vídeos que son realizados de xeito altruista por adestradores dos clubs deportivos de Oroso e tamén por monitores do ximnasio Termópilas de Sigüeiro.

Seguimos tamén coas iniciativas da Biblioteca e coa felicitación dos aniversarios aos máis pequenos.

Apelamos á vosa responsabilidade para manter o confinamento, evitando as reunións sociais ou familiares para evitar o risco de contaxio.

Xa queda menos! Grazas polo voso comportamento e ánimo