subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Este luns 13 de abril repartiranse mascarillas nas principais entradas do polígono e nas paradas de autobús


orosoO Concello de Oroso informa de que este luns 13, en horario de 7.00h a 9.00 horas, os membros da Agrupación de Protección Civil e os axentes da Policía Local e da Garda Civil repartirán mascarillas entre os traballadores e traballadoras de servizos non esenciais que este luns se reincorporan aos seus postos de traballo cuxa actividade foi suspendida o pasado 29 de marzo. O reparto farase nas entradas do Polígono Empresarial e tamén se repartirán nas paradas de transporte metropolitano de Sigüeiro.

Hoxe domingo estivemos traballando todo o día no reparto de mascarillas, e recibindo os encargos de aqueles veciños e veciñas que as precisan. Nestes días continuaremos cos repartos das mascarillas, e recibindo os encargos de aqueles que as precisen por ser grupo de risco.

Estes colectivos poden dirixirse ós teléfonos: 667830171 / 629810399 / 616527567

Grazas pola vosa colaboración!!!